|
Nadal de estrelas en Ourense |
Programa de astronomía urbana a desenvolver na cidade de Ourense, co gallo destas festas do nadal. Aproveitamos así para pechar o Ano Internacional da Astronomía 2009 na nosa cidade. A actividade, promovida polo Concello de Ourense - Concellaría de Xuventude , pretende:
Promover novas formas de lecer educativo entre a mocidade. Posibilitar que os mozos/as e resto de poboación teña a experiencia de ollar a Lúa e Xúpiter por telescopio. Sensibilizar á poboación contra a contaminación lumínica.
Os lugares escollidos non son os mellores para observar o ceo. Antes ben, foron seleccionados por seren de paso obrigado de moita xente: 18 de decembro, na Praza Maior. 19 de decembro, na Ponte Vella. 20 de decembro, barrio do Couto. 21 de decembro, Xardín do Posío. (Adíase polo mal tempo) 22 de decembro, Parque de San Lázaro. (Adíase polo mal tempo)
Achégate para observar polos nosos telescopios. Tamén podes traer o teu. Consulta o programa de actividades; na segunda páxina contas cunha constelación para descubrir no ceo. |
|
Ler máis...
|
|
![]() Con motivo da Semana Europea da Ciencia, entre o 9 e o 20 de novembro, os centros educativos que consideren interesante o material que dende aquí ofertamos poderán solicitalo dun xeito completamente gratuíto. Os grupos de alumnos poderán gozar de visitas guiadas e interactivas, polos espazos temáticos "Ciencia de madeira", "Medindo o Mundo" e "Tecnociencia" que se describen na web www.ruadaciencia.org. Trátase dunha actividade pensada para bacharelato e segundo ciclo da ESO. |
|
Ler máis...
|
|
|
ExpoMeteoro e Faite meteorólogo |
|
Son Actividad es Itinerantes financiadas polo programa Diverciencia e organizadas por Meteogalicia – Diverciencia. Trátase dunha actividade deseñada para escolares de bacharelato e segundo ciclo da ESO. As datas programadas serán desde as dúas ultimas semanas de outubro ata o 20 de novembro. A prioridade para a escolla das datas virá definida pola orde de inscripción dos centros interesados. Trátase dunha actividade pensada para bacharelato e segundo ciclo da ESO. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 4 de 13 |