Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Dúbidas (FAQ) arrow Escola de Tempo Libre Animacción
Escola de Tempo Libre Animacción FAQ
Un total de 18 consultas e dúbidas máis frecuentes sobre os cursos de Monitor/a e de Director/a de Actividades de Tempo Libre, as súas competencias, a lexislación, o noso curso... Atoparás resposta ás dúbidas que máis frecuentemente se nos fan. Bótalle unha ollada se queres aclarar máis as túas ideas sobre estas titulacións.


Cando recibirei o título?

Imprimir 
Escrito por Administrator
  • Unha vez rematada a fase teórico-práctica, desde a escola emitiremos un certificado de aptitude.

  • Unha vez rematada a fase práctica e presentada a memoria de prácticas, a escola tramitará perante a Dirección Xeral de Xuventude a emisión do título correspondente. Vén tardando un mes, a contar desde o momento en que a memoria estea corrixida pola escola e as actas asinadas pola directora. Habitualmente facemos unha reunión de claustro mensual. En caso de necesidade,desde a escola podemosfacer un certificado conforme que estás a espera de recibir o título oficial.

O 0% de 0 votantes considerou esta consulta útil.  Eu creo que esta consulta é  útil útil  pouco útil pouco útil


Cantas horas dura o curso?

Imprimir 
Escrito por Administrator

O curso consta dun total de 350 horas, que se separan en dous bloques:

  • 1º bloque: 200 horas teórico-prácticas, que se desenvolven nos locais da escola. Tamén se aproveita as insfraestructuras do noso contorno: parques, sendeiros... Normalmente, un fin de semana imos a un albergue.

  • 2º bloque: 150 horas de prácticas en actividades de tempo libre, a desenvolver antes de que pasen dous anos desde a finalización da fase teórico-práctica.

O 100,00% de 1 votantes considerou esta consulta útil.  Eu creo que esta consulta é  útil útil  pouco útil pouco útil


Cantas horas se poden faltar?

Imprimir 
Escrito por Administrator

Na lexislación actual figura un máximo do 20% de faltas admisíbeis, sempre convenientemente xustificadas. No caso de que estas horas supoñan un bloque temático completo ou gran parte do mesmo, poderase solicitar ao alumno a súa recuperación mediante a realización dalgún traballo adicional, co fin de garantir que a súa formación non conteña ningunha eiva.

Ten en conta que a maior parte da avaliación do curso realízase de xeito continuo. 

O 100,00% de 3 votantes considerou esta consulta útil.  Eu creo que esta consulta é  útil útil  pouco útil pouco útil


Canto custa o curso?

Imprimir 
Escrito por Administrator

Depende da convocatoria na que o queiras facer. Mellor consulta o apartado onde aparece información polo miúdo de cada curso. Xeralmente faise desconto facendo a matrícula antes de determinado prazo. Tamén dependerá de se pagas todo por adiantado ou se pagas a matrícula en varios prazos.

Algúns dos cursos, se están organizados por algunha entidade que nos contrata a nós para a súa realización, poden ter a matrícula subvencionada. 

Normalmente, para os nosos cursos contamos cunha bolsa de contratación. Deste xeito, unha vez rematada a fase teórico-práctica podes recibir ofertas para pequenos traballos, recuperando rapidamente a matrícula do curso.

O 100,00% de 1 votantes considerou esta consulta útil.  Eu creo que esta consulta é  útil útil  pouco útil pouco útil


Como podo inscribirme?

Imprimir 
Escrito por Administrator
Enviando o formulario de inscrición cuberto e asinado, fotocopia do DNI e fotocopia de título de ensino secundario (ou superior). Pode ser enviado por correo, fax ou entregado persoalmente na sé da escola. Non precisamos de copia do pagamento da matrícula pois xa o consultamos por Internet. Si que é importante que á hora de realizar o ingreso na conta bancaria, te asegures de que poñan o teu nome.
O 100,00% de 1 votantes considerou esta consulta útil.  Eu creo que esta consulta é  útil útil  pouco útil pouco útil


Como saber se quedan prazas libres?

Imprimir 
Escrito por Administrator
Se non se indica na da na web, seguro que aínda queda algunha praza. No caso de que avisemos na convocatoria do curso de que a matrícula está completa, recomendámoste que fagas igual a túa reserva. No caso de que alguén non confirme a súa praza ou a anule avisaríamoste de inmediato.
O 75,00% de 4 votantes considerou esta consulta útil.  Eu creo que esta consulta é  útil útil  pouco útil pouco útil


Como se avalía o curso?

Imprimir 
Escrito por Administrator

Na fase teórico-practica: cada docente conta cunha ficha individual de cada alumno, cunha fotografía. Esta é unha das ferramentas para conseguir unha boa avaliación continua, xa que nesa ficha o docente examina varios aspectos da actitude e da capacidade do alumno.

Ademais, durante cada módulo desenvolveranse varias tarefas individuais e en grupo que forman parte da avaliación. Algunhas destas tarefas será preciso completalas ao través da nosa plataforma de formación "en liña".

Na fase práctica: o titor de prácticas debera realizar un informe (nós contamos co noso propio modelo) onde avalíe o traballo realizado polo alumno. Ao rematar, este será declarado "apto" ou "non apto" polo titor. No primeiro dos casos, faltará a corrección da memoria de prácticas por parte da escola.

O 0% de 0 votantes considerou esta consulta útil.  Eu creo que esta consulta é  útil útil  pouco útil pouco útil


Como se desenvolven as prácticas?

Imprimir 
Escrito por Administrator

Tal e como se indique na lexislación vixente: "Realizaranse unha vez rematada a fase teórico-práctica. Constará dun mínimo de 14 días de actividade intensiva, a realizar en campamentos, colonias, albergues, campos de traballo e outros, en bloques non inferiores a 3 días, ou de 150 horas de actividade periódica nunha entidade ou asociación que traballe no eido da educación no tempo libre."

Na práctica, pode ser que xa teñas contacto con algún entidade para a realización das prácticas; revisaremos que o proxecto que queiras desenolver é válido. Podes querer facelas directamente nun campamento de verán. Por último, desde a E. T. L. Animacción ofertaremos prazas para as prácticas en distintas temáticas e horarios. Nos últimos anos, conseguimos que os alumnos que superan a fase práctica en decembro rematen a parte práctica antes do verán, polo que xa poden empezar a traballar durante o mesmo como monitores.

No caso de realizar as prácticas pola túa conta é imprescindíbel que contactes antes connosco, para verificar que o proxecto que vaias desenvolver sexa válido.

O 100,00% de 2 votantes considerou esta consulta útil.  Eu creo que esta consulta é  útil útil  pouco útil pouco útil


É obrigatoria a asistencia ás clases?

Imprimir 
Escrito por Administrator
Si, xa que unha parte importante da avaliación é continua, realizada polos docentes de cada bloque de actividades. Pódense faltar un número determinado de horas.
O 100,00% de 1 votantes considerou esta consulta útil.  Eu creo que esta consulta é  útil útil  pouco útil pouco útil


Este curso, é oficial?

Imprimir 
Escrito por Administrator

Os cursos de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre e Director/a de Actividades de Tempo Libre, toda vez que a Escola de Tempo Libre Animacción está recoñecida oficialmente pola "Dirección Xeral de Xuventude" da Xunta de Galicia (DOG: nº 186 de 25 de setembro de 2001), é un título oficial conforme á lexislación vixente en materia de xuventude. A súa validez a efectos de oposicións, concursos de méritos... será a que se determine nas respectivas convocatorias.

Ao ser unha competencia autonómica, para poder exercer esta profesión noutra comunidade autónoma terás que validalo seguindo o procedemento que corresponda. 

O 100,00% de 1 votantes considerou esta consulta útil.  Eu creo que esta consulta é  útil útil  pouco útil pouco útil


Hai límite de prazas?

Imprimir 
Escrito por Administrator

Si. A lexislación vixente marca un máximo de 25 participantes por curso. O límite inferior, tanto por razones metolóxicas como de rendabilidade situámolo entre 15-20 participantes, dependendo de cada convocatoria. No caso de realización do curso para un concello, asociación ou entidade que queira formar un grupo concreto de profesionais, pódese realizar para un grupo máis pequeno de participantes.

O 0% de 0 votantes considerou esta consulta útil.  Eu creo que esta consulta é  útil útil  pouco útil pouco útil


Pódese repetir o curso en caso de suspendelo?

Imprimir 
Escrito por Administrator

Si, claro. Dependendo de cal das dúas fases suspenderas a solución será diferente:

  • No caso de suspender a fase teórico-práctica, habería que matricularse de novo nesta escola de tempo libre ou noutra.

  • No caso da fase práctica, haberá que realizar un novo proxecto e executalo, dentro do prazo establecido de dous anos desde a finalización da fase teórico-práctica.

O 0% de 0 votantes considerou esta consulta útil.  Eu creo que esta consulta é  útil útil  pouco útil pouco útil


Podo facer á vez o curso de Monitor de Actividades de Tempo Libre e o curso de Directores?

Imprimir 
Escrito por Administrator

Non, non se poden facer á vez. A razón a tes na consulta seguinte.

 

O 0% de 0 votantes considerou esta consulta útil.  Eu creo que esta consulta é  útil útil  pouco útil pouco útil


Podo suspender o curso?

Imprimir 
Escrito por Administrator

Si, claro, como calquera outro curso que se realiza. As causas polas que se pode suspender o curso son as seguintes:

  • Faltas de asistencia de maior número de horas do límite estabelecido, na fase teórico-práctica.

  • Avaliación negativa por parte dos docentes, en bloques temáticos que sumen máis do 10 % das horas totais da fase teórico-práctica. Nalgún caso poderase artellarse algún xeito de recuperación.

  • Unha mala realización da fase de prácticas, ben a xuízo do titor da escola ou do responsábel da entidade receptora.

O 0% de 0 votantes considerou esta consulta útil.  Eu creo que esta consulta é  útil útil  pouco útil pouco útil


Que requisitos hai para facer o curso de Monitores?

Imprimir 
Escrito por Administrator
Ter 18 anos cumpridos no momento de empezar o curso, posuír como mínimo o título da E.S.O. ou equivalente.
O 100,00% de 4 votantes considerou esta consulta útil.  Eu creo que esta consulta é  útil útil  pouco útil pouco útil


Se deixo o curso unha vez empezado, devólvenseme as cotas pagadas?

Imprimir 
Escrito por Administrator

Non. Unha vez empezado o curso e confirmada a asistencia non haberá lugar á devolución de cotas de inscrición, independentemente do número de cotas abonadas ou do número de horas asistidas. Hai que ter en conta que o curso se desenvolve unha vez se matriculan un mínimo de persoas. Ademais, seguro que algún interesado ficou fóra do curso por estar as súas prazas cubertas.

O 100,00% de 1 votantes considerou esta consulta útil.  Eu creo que esta consulta é  útil útil  pouco útil pouco útil


Teño que pagar a matrícula completa ao reservar o curso?

Imprimir 
Escrito por Administrator
Non. En xeral, haberá que pagar por adiantado unha reserva do curso á hora de apuntarse (devolveríase no caso de que non se celebrase o curso por non cubrirse o mínimo de prazas). O resto da matrícula pagarase antes de que empece o curso (consulta os prazos da convocatoria) ou poderá fraccionarse en varios pagamentos. As condicións concretas figuran na información de cada curso. Algunhas convocatorias teñen un desconto por pagamento por adiantado.
O 100,00% de 1 votantes considerou esta consulta útil.  Eu creo que esta consulta é  útil útil  pouco útil pouco útil


Unha vez feito o curso de monitores, cando facer o de Director de Actividades de Tempo Libre?

Imprimir 
Escrito por Administrator

Un monitor que queira facer o curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre deberá acreditar unha experiencia de traballo como monitor no campo da educación/animación no tempo libre de, polo menos, 250 horas ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor.

Non existe ningún criterio que esixa dous anos de antigüidade, como pensa algunha xente, froito da lexislación anterior. 

O 100,00% de 1 votantes considerou esta consulta útil.  Eu creo que esta consulta é  útil útil  pouco útil pouco útil



Fornecido por EasyFAQ © 2006 Joomla-addons.org