|
SpaceCamp: campamento astronómico |
|

O SpaceCamp, un campamento astronómico. Actividades baseadas na ciencia e na tecnoloxía. Primeira vez en Galicia. Para nenos/as e mozos/as. Actividades aventura e de exploración. Observacións astronómicas diarias. Bicicleta de montaña e sendeirismo. Desde 5 días de duración.
O lugar: o Albergue dos Biocos en San Xoán de Río (Ourense). Cunha finca de case 10 hectáreas de terreo valado, un observatorio astronómico e outro equipamento. Pide máis información ou fai xa a túa reserva. |
|
Nun entorno natural autóctono, de vexetación atlántica de alta montaña, o Espazo Os Tres Reinos atópase inmerso nunha gran carballeira, con 5000 metros cadrados de espazo para a diversión. 
Este espazo de ocio está promovido pola Asociación Os Tres Reinos en colaboración coa mancomunidade de montes de Santigoso, os cales cederon terreo sobre o cal se asenta o parque. As actividades deste parque estarán xestionadas por Altega Máis información en: Parque Aventura A Mezquita |
|
|
Altega xestionará o Albergue dos Biocos |
O Albergue dos Biocos é unha instalación municipal pertencente ao Concello de San Xoán de Río (Ourense), no corazón da Ribeira Sacra, a cabalo entre as Terras de Caldelas e as Terras de Trives. Altega - Xestión do Lecer resulta adxudicataria en marzo do ano 2010 da concesión desta instalación para os vindeiros 5 anos, tras concurrir ao concurso público convocado polo concello.
Situado no alto da Pena da Rasa (1000 m de altitude), estas antigas instalacións do sistema Decca Navigator contan agora con máis de 90 prazas de aloxamento. A súa ubicación permite a realización de multitude de actividades culturais, turísticas, educativas, así como coñecer un dos territorios galegos máis salvaxes e mellor conservados. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 4 de 15 |