Menu Content/Inhalt
Inicio
Tecno-ciencia

NOVIDADE

Creado para o Cis-Galicia, ofrecemos aos centros de Ferrol e comarca un espazo de ciencia completamente gratuíto destinado especialmente ao ensino secundario. Un proxecto con formato de "feira de ciencias" onde aprender a importancia das diferentes aplicacións da ciencia, en especial de materiais, enerxía e os seus usos, aplicacións matemáticas cotiás, novas formas de ver o mundo.

Consta de cinco módulos didácticos, cada un deles cun panel e obradoiros relacionados desenvolvidos por monitores especializados. É unha actividade similar a: www.ruadaciencia.org. Servirá como ferramenta complementaria para o traballo dos profesores na aula, podendo adaptarse a diferentes niveis. A montaxe e desmontaxe, monitorado e demais corre por conta de CIS Galicia, ao través do noso persoal.

Os cinco módulos didácticos son:

Ler máis...
 
Galiciencia na rúa... para todos os públicos e de balde.

Durante a Semana Europea da Ciencia, entre o 17 e o 22 de novembro,c onvertiremos á cidade de Ourense nun espazo temático para a divulgación científica. Grupos escolares, asociacións e, simplemente, curiosos e interesados, poderán gozar de visitas guiadas e

interactivas, por tres espazos temáticos que se descreben na web

www.ruadaciencia.org.

 

A visita é gratuíta.

Ler máis...
 
Naturalmente Galiza: a herdanza romana

A Herdanza Romana: un percorrido pola media montaña galega, coñecendo algúns dos elementos da cultura romana mellor conservados no noso país. Guiados por monitores expertos en animación e medio ambiente, descubriremos os elementos naturais, patrimoniais, culturais e artísticos das Terras de Trives.

Esta ruta pertence ao programa Naturalmente Galiza da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Nesta información que che damos, podes ver:

  • Mapa para chegar ao punto de encontro (aparcadoiro da Fundación Comarcal Terras de Trives). Desde alí subiremos todos xuntos ata as instalacións de MEISA (Estación Invernal de Manzaneda).

  • Como chegar. Ollo, os tempos que indicamos de viaxe só son estimativos. Non teñades ningunha presa por chegar. Se vedes que vos atrasades moito, chamade ou enviade SMS avisando:

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 Seg. > Remate >>

Resultados 9 - 12 de 15