Menu Content/Inhalt
ExpoMeteoro e Faite meteorólogo

Son Actividades Itinerantes financiadas polo programa Diverciencia e ca colaboración directa de Meteogalicia.

A actividade realizarase as dúas ultimas semanas de outubro ata o 20 de novembro. E a prioridade para a escolla das datas virá definida pola orde de inscripción dos centros interesados.

ExpoMeteoro, é unha exposición itinerante en formato roller (automontable) que trata de conceptos propios da meteoroloxía e a relación desta disciplina científica ca nosa sociedade, tocando conceptos linguísticos, sociais, físicos, químicos, matemáticos, explicacións de fenómenos atmosféricos e das súas consecuendias, curiosidades históricas...

Faite Meteorólogo é unha actividade duns 50 minutos de duración aproximada acompañada por monitores especialistas en divulgación científica que achegarán os conceptos citados para ExpoMeteoro, dun xeito moi doado de comprender. Incluíndo experimentos moi visuais que complementan a explicación dos fenómenos atmosféricos a tratar.

ExpoMeteoro e Faite Meteorólogo son dous productos diferenciados, que poden solicitarse conxuntamente pero tamén por separado. Ao estar subvencionadas estas actividades resultan completamente gratuítas para os centros de ensino participantes."