| Zascandís - teatro de sombras |
|
|
PRESENTACIÓNUnha nova proposta no programa cultural e escénico galego: unha compañía exclusiva de teatro de sombras infantil. De aí nace a nosa aposta por Zascandís - teatro de sombras. Unha produción realizada ao 100% por Altega, desde a formación e selección dos actores/actrices ata o deseño de decorados, a composición musical e a elaboración de guións. Para a primeira produción "Leo e as estrelas", escollemos unha temática baseada na astronomía. Un guión de aventuras revisado por expertos en literatura infantil e en astronomía nos permiten asegurar que, neste Ano Internacional da Astonomía 2009 , a programación desta obra fará as delicias dos máis pequenos e, como non, dos maiores. Todos pasarán un rato divertido e, incluso, aprenderán unha chea de cousas sobre o espazo. LEO E AS ESTRELASLeo visita por primera vez aos seus avós, na aldea. Leo viviu sempre na cidade e, no rural, as cousas son moi distintas. Pronto descubre un mundo marabilloso no ceo nocturno, un mundo cheo de aventuras e de obxectos curiosos nos que nunca reparara. CONDICIÓNS TÉCNICAS
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|

