| "Leo e as estrelas" nos colexios |
|
|
|
Propoñemos que esta actividade se convirta nunha ocasión para que os nenos aprendan os conceptos básicos astronómicos e encontren as respostas as súas dúbidas. Un guión de aventuras revisado por expertos en literatura infantil e en astronomía permite asegurar que a programación desta obra fará as delicias dos máis pequenos e, como non, dos maiores. Todos pasarán un rato divertido e aprenderán unha chea de cousas sobre o espazo. Trátase dunha co-produción de Altega e da Asociación Animacción, realizada pola compañía de teatro de sombras infantil Zascandís - teatro de sombras, e subvencionada polo programa Diverciencia da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. Todos os elementos, o deseño de decorados, a composición musical e a elaboración de guións son orixinais posto que están elaborados por un equipo de traballo formado por actrices e actores, debuxante, diseñador gráfico e compositor de música. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


Sendo este o