| Rúa da Ciencia 2009 |
|
|
Con motivo da Semana Europea da Ciencia, entre o 9 e o 20 de novembro, os centros educativos que consideren interesante o material que dende aquí ofertamos poderán solicitalo dun xeito completamente gratuíto. Os grupos de alumnos poderán gozar de visitas guiadas e interactivas, polos espazos temáticos "Ciencia de madeira", "Medindo o Mundo" e "Tecnociencia" que se describen na web www.ruadaciencia.org. Trátase dunha actividade pensada para bacharelato e segundo ciclo da ESO.
A visita é gratuíta. Altega é a entidade responsable da idea deste proxecto, do seu desenvolvemento e da súa execución. Estamos orgullosos de sumar ás diversas entidades participantes para acadar unha maior implicación da sociedade no coñecemento científico. Rúa da Ciencia 2009 só é posible grazas a:
Para inscribirse nesta actividade "Rúa da Ciencia'09" pódese cubrir o formulario que atoparán nesta ligazón ou envíennos un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


