Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Servizos educativos arrow Actividades extraescolares arrow Ciencia didáctica: actividades
Ciencia didáctica: actividades Imprimir Correo-e

INTRODUCIÓN

As nosas actividades de divulgación científica están enmarcadas no noso propio proxecto de promoción da ciencia . Podemos deseñar un proxecto propio para a súa institución, ou ben, pode contratar a realización puntual dalgunha das nosas actividades. A seguir presentámoslle algunhas. Non dubide en preguntar por outras posibilidades. Premendo en cada unha das ligazóns ampliámoste información sobre cada actividade. Tamén podes consultar directamente as tarifas e facer a reserva .

ACTIVIDADES

  • “Einstein 1905 – Ano 0”: charla-conferencia para conmemorar o Ano Internacional da Física 2005, proclamado pola Unesco. Máis información na ligazón anterior. Tamén pode descargar as diapositivas empregadas o apartado de descargas. Aínda que estas diapositivas están a ser variadas e melloradas continuamente, podes ter unha idea máis clara dos contidos reais desta actividade.

  • Estrelas e estreliñas: astronomía didáctica. Na aula (mediante proxector) e saídas nocturnas. Empregamos aplicacións informáticas libres e completamente profesionais.

  • "Quen somos, de onde vimos, onde imos" . Desde o big-bang ao día de hoxe e máis adiante, a historia do universo, a formación de estrelas e planetas, a aparición da vida... Unha homenaxe a Carl Sagan seguindo a súa idea do "ano cósmico".

  • Charla-conferencia: “o átomo” (en preparación). Contamos que estea preparada para o inicio do curso 2007-08. Pregámoste que, se cres que pode ser do voso interese, nolo fagas saber por correo electrónico. Moitas gracias.

  • Recursos gratuítos: nesta sección poderás acceder a diversos materiais elaborados por nós, á vosa disposición de xeito completamente gratuíto. Tamén podedes acceder a unha serie de lizazóns con máis recursos relacionados coa didáctica da ciencia. Estas ligazóns son revisadas de xeito mensual por nós para evitar a súa caducidade. Ademais, están comentadas para que teñades unha idea do que vos ides atopar.

 


 
< Ant.