Menu Content/Inhalt
Inicio
Planetario móbil dixital Eurocosmos Imprimir Correo-e

A sección de Ciencia Didáctica de Altega propón desta volta unha actividade totalmente novidosa: sesións de astronomía vividas dun xeito emocionante  e 100% didácticas.

 

As sesións do planetario son creadas co sistema de proxección envolvente de Eurocosmos que permite que as imaxes se amosen ao longo de toda a cúpula, de modo que a proxección envolve aos asistentes.

 
 
 
 
As proxeccións audiovisuais están feitas mediante técnicas de animación e sofware libre como Stellarium .

 

Dispomos de distintas proxeccións adecuadas ás distintas etapas educativas:

infantil, primaria, secundaria, bachillerato así como universidade ou grupos de adultos.

 

 

   Condicións:

 - Grupos de 30-35 alumnos.

- Accesibilidade para persoas con discapacidade.

- Cada planetario móbil dixital Eurocosmos instálase durante un ou varios días en cada lugar.

- Pódese instalar en calquera sala interior libre de obstáculos. Os planetarios son cúpulas con 5 metros de diámetro e 2,8 metros de altura.

- Actividade apropiada para ludotecas, actividades vacacionais, semanas culturais, concellos, campamentos de verán, granxas escolas, feiras...

 
- Prezos reducidos e asequibles para os centros escolares.


 
< Ant.   Seg. >