Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Formación arrow Proxectos de formación arrow Presentación da ETL Animacción
Presentación da ETL Animacción Imprimir Correo-e

INTRODUCIÓN

A Escola de Tempo Libre Animacción está recoñecida pola Dirección Xeral de Xuventude co número de rexistro G-28. Funciona desde principios do ano 2001. A día de hoxe é a única Escola de Tempo Libre con sé oficial na cidade de Ourense. Podes consultar o "Diario Oficial de Galicia" onde se publicou o seu recoñecemento oficial (arquivo en formato "pdf" e tamaño duns 72 Kb).

Ao traverso da escola formamos e capacitamos a moitos xoves tanto en titulacións oficiais ("Monitor de Actividades de Tempo Libre", "Director de Actividades de Tempo Libre" e "Director de Campos de Traballo"), como outros cursos e proxectos.

A Escola está integrada dentro da estructura da empresa Altega - Xestión de Lecer, con varios anos de funcionamento no eido da Animación Sociocultural e que mantén este portal web. Moitos dos alumnos da escola pasan logo a ser traballadores da empresa, acadando así un maior control dos nosos proxectos mediante a capacitación dos nosos recursos humanos.

 
< Ant.