Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Formación arrow Escola de Astronomía arrow Que é unha escola de tempo libre
Que é unha escola de tempo libre Imprimir Correo-e

As Escolas de Tempo libre constitúen centros de formación, perfeccionamento e especialización de xoves educadores nas actividades técnicas orientadas a promoción e adecuada utilización do lecer.

Ademais, as escolas son en si ferramentas de dinamización da mocidade. Mediante a organización de cursos, obradoiros, xornadas... colaboran na oferta de actividades educativas e de lecer responsable que se convirtan en alternativas saudables.

En Galiza hai actualmente máis de 30 escolas de tempo libre, recoñecidas pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia ao abeiro do Decreto 50/2000 (polo que se refunde toda a materia vixente en relación á xuventude). Podes consultar esta lexislación no noso apartado de descargas.

As diferentes escolas de tempo libre pertencen a todo tipo de institucións. Así, temos escolas das que son titulares concellos, asociacións, a igrexa, empresas... e a "Escola Galega de Tempo Libre" que pertence directamente á Dirección Xeral de Xuventude.

 
< Ant.   Seg. >