Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Formación arrow Descampamento arrow Metodoloxía dos cursos
Metodoloxía dos cursos Imprimir Correo-e

A metodoloxía coa que se imparten os cursos na E. T. L. Animacción é (como non podía ser doutro xeito) activa e participativa. Isto resulta especialmente importante cando a avaliación da maior parte dos cursos é continua. Así, os docentes reciben unha ficha con fotografía de cada alumno onde cualifican o seu traballo.

Os recursos cos que traballamos dende Animacción son deseñados polos propios docentes, asesorados e titorizados pola escola.

Algunhas das características dos nosos cursos son as seguintes:

  • Dinámicas activas e participativas.

  • Materiais reais xa traballados.

  • Bases teóricas mínimas.

  • Seguimento personalizado.

  • Ferramentas fáciles de conseguir.

  • Medios audiovisuais.

Ademais, cada un dos nosos cursos é impartido por unha ampla variedade de docentes. Isto permítenos asegurar a calidade de cada un dos módulos, así como unha máis obxectiva avaliación do aproveitamente dos alumnos.

 
< Ant.   Seg. >