| Monitor/a de actividades de tempo libre |
|
|
|
A distinción do curso de monitores da nosa escola (e que xustifica a súa necesidade) fúndase en varios apartados:
As 200 horas da fase teórico-práctica do curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre son impartidas por 12 docentes diferentes. Isto garántenos unha maior calidade na docencia, así como unha maior obxectividade á hora de avaliar o aproveitamento do curso por parte dos alumnos. O curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre é unha titulación oficial da Dirección Xeral de Xuventude. Consta de dúas fases: Fase teórico-práctica: a desenvolver nos locais da escola. Con 200 horas de duración, en horario e datas que dependerán da convocatoria escollida. Entre os contidos: educación ambiental, xogos, pedagoxía e psicoloxía, lexislación de tempo libre, manualidades, prevención de riscos, socorrismo, aire libre... Fase práctica: a desenvolver no prazo de dous anos unha vez rematada a fase anterior. Terá unha duración de 150 horas e consistirá no desenvolvemento dun programa de intervención. O curso está dirixido a tódalas persoas que estean interesadas no tempo libre e na educación non formal. Os únicos requisitos son ter 18 anos cumpridos e o título da ESO ou equivalente, cando menos. A vindeira convocatoria será no verán de 2005. Fica atento a este portal web ou suscríbite ao noso boletín de novidades para recibir cumprida información en canto estea convocado. Os únicos requisitos son ter 18 anos cumpridos e o título da ESO ou equivalente, cando menos. PODES:
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|


