Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Servizos educativos arrow Excursións e viaxes
Excursións e viaxes Imprimir Correo-e

PRESENTACIÓN

En Altega – Xestión do Lecer deseñamos actividades de común acordo con varios albergues da nosa comunidade autónoma. Ás súas instalacións e posibilidades intrínsecas unimos o noso persoal de animación altamente cualificado. Lembra que contamos coa nosa propia Escola de Tempo Libre Animacción, onde formamos monitores e directores de actividades de tempo libre. Ademais, realizamos unha chea de actividades formativas continuamente co fin de asegurarnos que os nosos profesionais son os mellor preparados do mercado.

As instalacións coas que traballamos teñen unha serie de características en común:

  • Estes albergues contan con instalacións de calidade. Os seus servizos son supervisados por Altega.

  • Cada albergue conta cunhas características determinadas que permiten ofertar servizos diferentes.

  • O noso persoal crea, coa base destas instalacións, un programa de actividades axeitado ás súas posibilidades. Ademais, os nosos profesionais (todos titulados como Monitores de Actividades de Tempo Libre) fan unha animación activa e participativa, con actividades incluso durante os descansos que hai ao longo do día.

  • Ofertamos visitas de un día, excursións de fin de curso (a partires de 2 días) e campamentos (a partires de 5 días).

  • A relación CALIDADE/PREZO é inmellorábel na oferta actual en Galicia.

  • Podemos incluír actividades desexadas pola súa entidade, que complementen o seu propia programa educativo.

  • Envío dun CD con fotografías da actividade ao centro de ensino, ao rematar a mesma.

INSTALACIÓNS

Revisamos continuamente os nosos convenios coas diferentes instalacións da comunidade autónoma. Deste xeito, as instalacións ofertadas cumpren sempre os nosos criterios e esixencias de calidade.

 
< Ant.   Seg. >