| Actividades Extraescolares Curso 2006-07 (i) |
|
|
INTRODUCIÓNEn Altega - Xestión do Lecer levamos xa máis de 8 anos traballando no eido da educación, o tempo libre, a cultura e a animación sociocultural. O noso persoal é formado mediante a nosa propia Escola de Tempo Libre Animacción, recoñecida pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Con xa cinco promocións de monitores formados polos nosos docentes, podemos garantirlle unha absoluta satisfacción coas nosas actividades ao ter un control completo sobre o elo máis delicado e fundamental: os recursos humanos. En Altega non funcionamos como unha Empresa de Traballo Temporal. As nosas actividades cobren todo o ciclo escolar anual. Así, diferentes programas educativos para concellos durante o curso, actividades extraescolares en centros de ensino, actividades de lecer no verán (ludotecas, campamentos), actividades de animación infantil en periodos vacacionais... permítennos contar cun núcleo de persoal estábel para o desenvolvemento destas diferentes actividades. O noso programa de actividades extraescolares supón unha aposta por dar un servizo actual e de calidade ás entidades educativas do noso país. Na nosa oferta temos en conta a variada realidade dos diferentes centros de ensino. Tras un traballo continuado na última década no campo da Animación Sociocultural, contamos coa capacidade técnica e cualificación profesional para ofertarlles o noso SERVIZO INTEGRAL de Actividades Extraescolares para este curso escolar. Ademais, tamén pode contratar puntualmente algún dos nosos servizos e programas de actividades. Nestes documentos conta coa información para este curso. Tamén poderá recibir información puntual das posíbeis novidades que vaiamos introducindo sen máis que suscribirse ao noso Boletín de Novidades. Estamos convencidos de que atoparán en nós unha solución ao seu gusto. SERVIZO INTEGRALCon este Servizo Integral de Actividades Extraescolares pretendemos cubrir as necesidades do seu centro de ensino. Neste documento e os restantes pode atopar a información básica que precisa para contratar algunha das nosas actividades. Con todo, somos conscientes de que cada Centro de Ensino ten unha realizade moi diferente e particular. Se as nosas propostas non se acomodan ás súas necesidades, non dubide en solicitar a visita do noso persoal para concretar outras propostas. Consulte desde aquí o apartado do seu interese, premendo nas ligazóns que veñen a seguir:
NOVIDADESQueremos destacar as seguintes novidades do noso programa deste ano:
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|


