Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Servizos educativos arrow Excursións e viaxes
Actividades Extraescolares Curso 2006-2007 (ii) Imprimir Correo-e

ACTIVIDADES

As posibilidades que nos ofrece o periodo extraescolar son innumerábeis. En todo caso, dependerá da entidade que organice as actividades (ANPA, Dirección, Consello Escolar, Concello...), da súa experiencia, das solicitudes dos escolares... Consulte connosco, se así o desexe, o deseño que mellor se adapte ás súas necesidades.

Na nosa oferta de actividades é moi ampla. Algunhas poden agruparse nunha soa. Tamén poden crearse espazos como ludoteca ou actividades de biblioteca para cubrir horas libres nas que os escolares precises estar atendidos. Podemos contar, entre outras, coas seguintes:

  • Psicomotricidade
  • Idiomas
  • Teatro
  • Animación á lectura
  • Obradoiros de Natureza
  • Comunicación oral e escrita
  • Informática
  • Manualidades
  • Deportes alternativos
  • Escolas Deportivas (xadrez, futbito, baloncesto, balón-volea...).
  • Educación para a saúde e a sexualidade
  • Cerámica
  • Cómic
  • Artes marciais
  • Baile
  • Aerobic
  • Danza
  • Educación Vial
  • Educación para o consumo
  • Papiroflexia
  • Xadrez
  • Monicreques
  • Xogos malabares
  • Debuxo e pintura
  • Xogos tradicionais
  • Radio e vídeo
  • Xornal escolar
  • Astronomía para rapaces
  • Xoguetes con material de refugallo
  • Cestería
  • ...

 

Non esqueza a oferta de actividades gratuítas, á que terá acceso de xeito preferente se contrata o noso servizo de xestión integral.

O programa definitivo de actividades a desenvolver dependerá da dispoñibilidade de docentes para os días e horas escollidos polo seu centro.

Ir a Listado de Actividades Extraescolares, Actividades Complementarias, Servizos Complementarios, Actividades Gratuítas, Clube de Actividades, Características e Requisitos, Ventaxas, Modelo de orzamento.

 
< Ant.   Seg. >