Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Servizos educativos arrow Actividades extraescolares arrow Actividades Extraescolares Curso 2006-2007 (vi)
Actividades Extraescolares Curso 2006-2007 (vi) Imprimir Correo-e

ACTIVIDADES GRATUÍTAS

En Altega-Xestión do Lecer temos clara a nosa condición de prestadores de servizos á comunidade. Froito deste obxectivo xorde o noso programa de actividades gratuítas dirixidas a Centros de Ensino. Este ano recollemos a experiencia de anos pasados, polo que presentamos o 3º Programa de Actividades Gratuítas. Ao longo do curso escolar ofertaremos algunha actividade máis. Se quere recibir cumprida información envíenos un correo electrónico.

As actividades que ofertamos serán desenvolvidas por Monitores de Actividades de Tempo Libre en prácticas. Todos eles fixeron a súa fase teórico-práctica na nosa propia Escola de Tempo Libre Animacción. As condicións destas actividades serán as seguintes: 

  1. Dirixidas a escolares de Primaria e/ou Secundaria. Consultar dispoñibilidade para outros ciclos educativos.

  2. O centro de ensino facilitará o acceso aos locais que fagan falta, sendo ademais responsábel da súa limpeza.

  3. De ser precisa a inscrición dos escolares e/ou a autorización por parte de seus pais, isto realizarase mediante modelo de impreso aportado por Altega.

  4. No momento de reservar as actividades de interese, é precisa a concertación dunha cita coas persoas responsábeis da Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as para unha visita comercial por parte de Altega - Xestión do Lecer. Esta visita, cun máximo de media hora de duración, non obriga á contratación de ningunha actividade.

  5. Ao longo do curso escolar 2006-07 poderemos ofertar outras actividades gratuítas, froito de futuros convenios de colaboración con diferentes entidades. Os centros de ensino que soliciten por correo electrónico o envío recibirán información puntual destas.

  6. A gratuidade total está circunscrita á cidade de Ourense maila súa área metropolitana. No resto da comunidade autónoma cobraríase un mínimo en concepto de desprazamentos e axudas de custe (consultar) no caso de que non houbera ningún alumno da zona. Ademais, algunha actividade que requira o emprego intensivo de material pode requirir a aportación por parte do centro dunha cantidade mínima, como se indicará en cada apartado.

  7. Oferta limitada a un número determinado de centros. Estes serán atendidos por orde de reserva.

  8. Contarán con prioridade sobre o anterior os Centros de Ensino que teñan contrada a xestión integral das súas Actividades Extraescolares con Altega.

 

ACTIVIDADES

Para o curso escolar 2006-07 ofertaremos as seguintes actividades, indicando o ciclo educativo ao que están destinadas:

  1. Programa de animación á lectura (ed. Primaria).

  2. Actividades educativas e de lecer en Nadal e Semana Santa (ed. Primaria e Secundaria).

  3. Itinerarios de interpretación medioambiental os sábados (ed. Primaria e Secundaria).

  4. Programa dos Maios (ed. Secundaria).

Pode facer xa a súa reserva por correo electrónico, indicando as súas actividades de interese preferente. En decembro de 2006 iniciaremos a confirmación dos centros interesados. Ao longo do curso, ofertaremos máis actividades gratuítas. Soliciten sen compromiso unha cita comercial.

COMPROMISOS

  • O noso persoal estará en todo momento amparado polo noso Seguro de Responsabilidade Civil, contratado cunha compañía líder do sector.

  • O noso persoal conta cunha póliza de Seguro de Accidentes, contratado cunha compañía líder do sector.

  • Os datos dos participantes serán manexados, en todo momento, conforme á lexislación actual de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Ir a Listado de Actividades Extraescolares, Actividades Complementarias, Servizos Complementarios, Actividades Gratuítas, Clube de Actividades, Características e Requisitos, Ventaxas, Modelo de orzamento.
 
< Ant.   Seg. >