| Act. Extraescolares: Clube Escolar. |
|
|
INTRODUCCIÓNMoitos centros de ensino non contan con escolares abondo para realizar unha completa e variada oferta de actividades. Noutros, nenos e nenas están xa cansos das mesmas actividades doutros anos ou ben, ningunha das ofertadas esperta o seu interese. Ademais hai centros que agrupan as actividades nun ou dous días á semana, co fin de facilitar a labor das empresas de transporte escolar. Sen embargo, deste xeito hai sempre un grupo de escolares que non desexa facer ningunha actividade en concreto e que fica algo desasistida. Desta realidade xurde o noso Clube Escolar ou Ludoteca Escolar. O noso proxecto oferta a creación dun espazo onde os participantes irán facendo ao longo de ano unha chea de actividades diferentes, todas con fortes compoñentes lúdicas e formativas e onde adquirirán valores de convivencia, compañerismo, compartir... O noso Clube Escolar tamén pode ser ofertado en periodos vacacionais, convertíndose así nun servizo de alto valor engadido para aquelas familias onde traballan os dous proxenitores. DESTINATARIOSEsta actividade está dirixida, principalmente, aos escolares de Educación Infantil e Primaria. DESCRICIÓNAs actividades desenvolveranse no espazo creado polos nosos monitores. Trátase dunha ludoteca - clube de actividades, no que os escolares poderán xogar, compartir, relacionarse e, en definitiva, aproveitar o seu tempo libre dun xeito lúdico. Dirixido por 2 monitores cunha duración diaria de entre 2 e 2 horas e media. A súa capacidade serán duns 25 escolares. Pode ser reforzado con monitores adicionais para contar con máis nenos e nenas. Pode ser programado un día á semana, dous días, os sábados pola mañá, os fins de semana completos... Resulta idea para periodos vacacionais. Entre outras moitas actividades, algunhas que se realizarán son: xogos en grupo, grandes xogos de probas, obradoiros, festas, cancións...
|
| < Ant. |
|---|


