Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Servizos educativos arrow Actividades extraescolares arrow Actividades Extraescolares Curso 2006-2007 (iv)
Actividades Extraescolares Curso 2006-2007 (iv) Imprimir Correo-e

VENTAXAS

Co fin de realizar unha axeitada programación das actividades nos diferentes centros de ensino, resulta conveniente a reserva dos diferentes programas tan pronto como sexa posíbel. Ademais, contratando o noso programa de Xestión Integral de Actividades Extraescolares antes do 30 de outubro, a súa entidade gozará da seguinte serie de ventaxas. Con posterioridade a esa data, pode ser que algunha destas accións non estea xa dispobíbel.

  1. Actividades Gratuítas ao longo do curso. Ver
  2. 20% de desconto noutras actividades de Animación Infantil que se programen durante este curso escolar (Parques de Xogos, festa de fin de curso, excursións...).
  3. Colaboración coa ANPA na posíbel realización dunha exposición final de traballos realizados. O noso persoal indicará aqueles traballos que poden ser seleccionados.
  4. Parte mensual de asistencias e incidencias, que será remitido á ANPA xunto coa factura dos días efectivamente traballados do mes.
  5. Memoria final sobre o desenvolvemento dos traballos. Estará acompañada dun CD con fotografías dixitalizadas das actividades.
  6. Contacto directo cos pais/nais daqueles nenos/as que falten dúas veces seguidas ou no mesmo mes á actividade.
  7. Seguro de Responsabilidade Civil por un importe de 300.000 EUR.
Ir a Listado de Actividades Extraescolares, Actividades Complementarias, Servizos Complementarios, Actividades Gratuítas, Clube de Actividades, Características e Requisitos, Ventaxas, Modelo de orzamento.

     

 
< Ant.   Seg. >