Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Para mozos/as arrow Saúde arrow Sexualidade para a mocidade: módulos
Sexualidade para a mocidade: módulos Imprimir Correo-e

1. XUSTIFICACIÓN

Nos últimos tempos aparecen novas sobre a desinformación da mocidade sobre os temas reacionados coa sexualidade. Véxase por exemplo o recente “Estudio sobre Sexualidad y Anticoncepción en la Juventud Española” de Shering, onde se recolle que o 23 % da mocidade practica o sexo sen a axeitada protección. Polo tanto, é o noso deber informar, asesorar e dar resposta ás diferentes cuestións que lles xorden aos xoves acerca deste tema.

Tamén é importante romper con tabús, mitos, estereotipos e prexuízos que xiran ao redor da sexualidade. Non debemos pechar os ollos, admitindo que os xoves de hoxe queren saber de sexualidade.

2. INTRODUCIÓN

Presentamos de seguido unha proposta xenérica para o desenvolvemento dos módulos de “Sexualidade para a Mocidade”. Os contidos, metodoloxía... poden ser adaptados a cada centro escolar. Non dubide en solicitarnos un proxecto máis polo miúdo.

3. OBXECTIVOS

Obxectivo principal:

Mellorar a información sobre actitudes, coñecementos e valores dos xoves en educación sexual.

Obxectivos secundarios:

  • Mellorar a información sobre sexualidade.
  • Fomentar aptitudes positivas sobre a súa sexualidade.
  • Romper con vellos mitos e crenzas.
  • Potenciar o uso de métodos anticonceptivos.
  • Prevenir E.T.S.
  • Rexeitar estereotipos da sociedad.
  • Asesorar sobre violencia sexual.
  • Combatir a intolerancia sobre a homosexualidade.


A realización destes módulos de sexualidade poden ser complementados coa entrega, ao rematar os mesmos, dun exemplar da nosa “Guía de Sexualidade”. Unha publicación con contidos básicos explicados nunha linguaxe accesible e divertida. Conta ademais cun deseño moi actual e impactante.