Menu Content/Inhalt
Estrelas e estreliñas Imprimir Correo-e

INTRODUCIÓN

Sen dúbida a astronomía foi unha das primeiras actividades científicas do ser humano. O coñecemento da mecánica celeste, a complexidade dos movementos planetarios, as estrelas, a chegada das estacións, a duración do día e do ano... representaban un coñecemento diferencial que posibilitaba a superioridade dalgúns persoeiros sobre outros.

Hoxe en día, a astronomía é, quizais, unha das ciencias que se amosan máis atractivas á poboación en xeral eActo público de visión da eclipse anular de Sol de 3 de outubro de 2006 aos escolares en particular. Desde o simple recoñecemento dalgunhas das constelacións máis visíbeis ata as razóns do paso das estacións. Ou, incluso, temas máis fondos de cosmoloxía como a orixe do universo, a existencia de vida fóra da terra... son, sen dúbida, temas que sempre son de interese. Ademais, a exploración espacial é a cotío un campo de noticias na prensa o que esperta aínda máis a curiosidade da poboación en xeral.

DESCRICIÓN

Empregamos como ferramenta sendos programas informáticos que nos permiten explicar unha serie de conceptos de cosmoloxía e mecánica celeste que, doutro xeito, sería moito máis complexo. Ademais, estes programas son  “software” libre polo que os escolares poderán acceder posteriormente a eles para seguir afondando en diferentes conceptos de astronomía. Antes e despois da actividade envíanse varias fichas de actividades para desenvolver na aula, de xeito que a nosa visita sexa máis proveitosa. Ademais, pode complementarse cunha saída de campo á noite para ter un primeiro contacto cun telescopio. Esta saída pode realizarse desde o propio patio do centro de ensino, se a visión da Lúa ou dos planetas non se ve dificultada por obstáculos físicos ou a contaminación lumínica.

Abórdanse diferentes temas, segundo o interese do/a docente ou o nivel educativo dos escolares. Algúns son os seguintes:

  • O ceo, como varía ao longo do/s día/s. Os movementos da Terra.

  • Os obxectos do ceo: planetas, satélites, estrelas, OVNIS...

  • As constelacións. Que son, que non son, a mitoloxía.

  • O zodíaco. Que significa. As mentiras do zodíaco.

  • Algúns mitos gregos.

  • O sol de medianoite.

  • Nebulosas e galaxias.

  • A Vía Láctea.

  • Os equinocios e os solticios.

  • O Sistema Solar: como son os diferentes planetas. Características principais.

  • Onde estamos no Universo. Un paseo polo cosmos.

  • Manexo de planisferios.Manexo de planisferios.

CALENDARIO E RESERVA

Contamos con datas libre durante todo o ano. Fai agora a túa reserva e comproba se tes dereito a descontos e similares.

SOPORTE LÓXICO

Empregamos dúas aplicacións libres nestas actividades. Ambas están adaptadas ao noso idioma e configuradas para tirar delas o maior rendemento durante a actividade. Ademais, ao ser libres, poden ser descargadas polos/as docentes e escolares para seguir investigando pola súa conta nestes temas despois da nosa visita.

Estas aplicacións son:

  • Stellarium: planetario virtual dunha grande calidade. Simula a visión do firmamento desde o punto de vista dunImaxe do Stellarium observador terrestre. Ademais, é altamente configurábel. A súa calidade é tal que se emprega por algunhas empresas como soporte lóxico para os seus planetarios portátiles.

  • Celestia: simulador espacial. Pode ser programado para realizar viaxes simuladas polo Venus no Celestia Sistema Solar, polo espazo exterior... Conta con abundantes aplicacións de descarga libre na rede, cun gran potencial educativo.

Nestes intres estamos a preparar a versión galega do primeiro deles.

 
< Ant.   Seg. >