| Estrelas e estreliñas |
|
|
INTRODUCIÓNSen dúbida a astronomía foi unha das primeiras actividades científicas do ser humano. O coñecemento da mecánica celeste, a complexidade dos movementos planetarios, as estrelas, a chegada das estacións, a duración do día e do ano... representaban un coñecemento diferencial que posibilitaba a superioridade dalgúns persoeiros sobre outros. Hoxe en día, a astronomía é, quizais, unha das ciencias que se amosan máis atractivas á poboación en xeral e DESCRICIÓNEmpregamos como ferramenta sendos programas informáticos que nos permiten explicar unha serie de conceptos de cosmoloxía e mecánica celeste que, doutro xeito, sería moito máis complexo. Ademais, estes programas son “software” libre polo que os escolares poderán acceder posteriormente a eles para seguir afondando en diferentes conceptos de astronomía. Antes e despois da actividade envíanse varias fichas de actividades para desenvolver na aula, de xeito que a nosa visita sexa máis proveitosa. Ademais, pode complementarse cunha saída de campo á noite para ter un primeiro contacto cun telescopio. Esta saída pode realizarse desde o propio patio do centro de ensino, se a visión da Lúa ou dos planetas non se ve dificultada por obstáculos físicos ou a contaminación lumínica. Abórdanse diferentes temas, segundo o interese do/a docente ou o nivel educativo dos escolares. Algúns son os seguintes:
CALENDARIO E RESERVAContamos con datas libre durante todo o ano. Fai agora a túa reserva e comproba se tes dereito a descontos e similares. SOPORTE LÓXICOEmpregamos dúas aplicacións libres nestas actividades. Ambas están adaptadas ao noso idioma e configuradas para tirar delas o maior rendemento durante a actividade. Ademais, ao ser libres, poden ser descargadas polos/as docentes e escolares para seguir investigando pola súa conta nestes temas despois da nosa visita. Estas aplicacións son:
Nestes intres estamos a preparar a versión galega do primeiro deles. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|






