INTRODUCIÓNO primeiro dos apartados contén todos os materiais relacionados coa ciencia didáctica que imos creando en Altega - Xestión do Lecer. Desde libros en formato "pdf", ata pequenas fichas de actividades. Algúns destes materiais permitirán facerte unha idea do contido das nosas charlas didácticas . Outros, son os que usamos nos nosos obradoiros. Pronto estarán os Boletíns Escolares de Ciencia. MATERIAIS PROPIOS
Os nosos materiais, agás excepción, son suministrados baixo unha licenza do tipo "CreativeCommons": gratuítos, atribución, sen obra derivada. "Eclipses de Sol: Manual Didáctico": preparado con motivo da eclipse anular de Sol de 3 de outubro de 2005, ampliado para a eclipse parcial de marzo de 2006. Contén materiais para a aula que poden ser aproveitadas en clases de ciencias e/ou astronomía, recursos históricos, anécdotas... Podes consultar os capítulos directamente na web ou descargar o libro completo en formato "pdf", listo para imprimir. Tamén existe a súa versión en castelán. "Einstein 1905: ano 0" (formato "pdf", 4,64 MB): diapositivas empregadas na charla-conferencia sobre a vida e obra de Einstein, así como a súa influencia na física e na ciencia dos séculos XX e XXI. As transparencias son só un apoio visual. Non se empregan todas senón que se adapta o guión ao nivel académico dos asistentes, afondando máis nuns aspectos ou noutros. Estas actividade está continuamente en revisión, polo que pode que haxa algunha variación coa proxección actual. Con todo, poderás facerte unha idea precisa do seu contido. "Stellarium: manual de uso": proximamente. Actualmente en fase de corrección. "Boletín escolar de ciencia" : proximamente os primeiros números. - Planisferio celeste: proximamente. Adaptado a Galicia, planisferio listo para descargar, imprimir e montar.
LIGAZÓNS A RECURSOS EXTERNOS En continua elaboración e revisión. Iremos incluíndo ligazóns a webs externas que cremos poden ser de utilidade no ámbito da divulgación científica e da ciencia didáctica. Stellarium : programa simulador dun planetario, empregado nas nosas sesións de astronomía didáctica. Celestia : simulador especialmente interesante para o sistema Solar. Empregado nas nosas sesións de astronomía didáctica. Cosmoeduca: portal educativo do Instituto de Astrofísica de Canarias onde aportan unha chea de materiais para o ensino da física e a astronomía. Contán con transparencias e animacións sobre a relatividade, as viaxes no tempo, Marte... Están a preparar novos materiais. Teoría Especial de la Relatividad:en castelán. Apartado do portal educativo OMERIQUE, adicado a cálculos matemáticos e explicacións sinxela da Teoría Especial da Relatividade. Ao nivel de Secundaria. < a href="http://www.omerique.net">OMERIQUE es el portal de apoyo a la Formación del Profesorado del CEP de la Sierra de Cádiz (Andalucía). Conta cunha seccións específica para o Ano Internacional da Física 2005. Arquivos en liña de Einstein: en inglés. Portal da Universidade Hebrea de Xerusalén onde se recollen, dixitalizados e para a súa consulta, artigos, manuscritos, fotografías e moitos máis documentos sobre a figura de A. Einstein. En inglés. "El Fascinante Mundo de Albert Einstein", conferencia de Russell Stannard, impartida na Fundación Canaria Orotava de Historia de la Ciencia. Pode consultarse esta conferencia, así como acceder a outros recursos desta páxina web. "Einstein en la escuela": conxunto de traballos e propostas para traballar esta figura nos centros escolares. Pertence á mesma fundación anterior. Einstein Light: web de física da Universidade de Nova Gales do Sur, en Sidney (Australia). Especialmente adicada aos descubrimentos de Einstein. Conta con numerosas animacións para explicar os diferentes descubrimentos de Einstein. O nivel é medio e alto, pois algúns artigos están ampliados de xeito matemático, admitindo así varios niveis de lectura. As animacións están en "flash" e requiren un bo ancho de banda. En inglés, pero algunhas das animacións teñen subtítulos en castelán. Exemplo de Dilatación no Tempo: ao través dunha pequena aplicación "applet de java" pódese comprobar de forma animada a dilatación temporal, predita pola Teoría Especial da Relatividade de Einstein. Ao nivel de Ensino Secundario. Web de Walter Fendt, cunha chea de pequenas aplicacións para outros problemas de física.
|