| III Descampamento: Animación Musical. |
|
|
DANZAS E CANCIÓNS DE ANIMACIÓNEsta sección do III Descampamento foi quizais a que máis éxito tivo de participación e interese. Ademais, cumpre como ningunha o dobre obxectivo do Descampamento:
Para rematar, xerou uns materiais que cremos son do máis interesante e de utilidade para o voso futuro desenvolvemento como monitores. Aquí vos presentamos unha colección de vídeos coas danzas e cancións que puxemos en práctica. Cada arquivo está en formato "MPEG", polo que cremos que está asegurada a súa compatibilidade con cáseque calquera equipamento informático. Ademais, comprimimos só a imaxe, deixando o son coa maior calidade. Conseguimos así que toda a información caiba nun só CD (se estiveches no Descampamento mira de conseguilo), formato máis extendido que o DVD a día de hoxe. Non agardedes uns vídeos profesionais, senón unha boa ferramenta para repasar e/ou aprender cancións e danzas de animación. Lembrade que foron gravadas a cámara fixa e coas condicións de iluminación ambiental do lugar. LISTADO DE DANZAS E CANCIÓNSRecomendamos que non executes directamente os arquivos, dado o seu tamaño. O mellor é que os descargues no teu disco duro para proceder a executalos despois. Os datos técnicos comúns dos arquivos son os seguintes: Tamaño de pantalla: 480 x 360. Bits por píxel: 24. Frames: 1.723. Estas son as cancións e danzas:
|
| < Ant. |
|---|


