Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Servizos educativos arrow Actividades extraescolares arrow Actividades gratuítas: Nadal e Semana Santa.
Actividades gratuítas: Nadal e Semana Santa. Imprimir Correo-e

Esta actividade forma parte da oferta de actividades gratuítas para este curso escolar. Senón dispón da folla de reserva, solicítea por correo electrónico.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL E A SEMANA SANTA

A dinámica a seguir será a dun Campamento Urbano, onde os escolares contarán con actividades lúdicas e educativas durante o periodo vacacional. O horario das actividades respectará o mesmo que teña o centro de ensino durante o curso. As actividades serán abertas, de xeito que os nenos/as poidan incorporarse no momento que queiran. Contarán con actividades de ludoteca, animación lectora, días temáticos, xogos e obradoiros.

Condicións especiais:

  • Os participantes deberán traer unha autorización específica dos seus pais ou titores legais. Para esta autorización deberá usarse o modelo suministrado por Altega.

  • A dirección do centro ou a Asociación de Nais e Pais designarán unha persoa responsábel da apertura e o peche dos locais que se empreguen para a actividade.

  • As actividades desenvolveranse nas seguintes datas:

    • Nadal: 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2006; 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2007.

    • Semana Santa: 2, 3, 4 e 9 de abril de 2007.

  • Neste programa de actividades poderán participar escolares de Primaria e Secundaria. Fican excluídos os de infantil.

 
Seg. >