|
Actividades gratuítas: animación á lectura. |
|
|
|
Esta actividade forma parte da oferta de actividades gratuítas para o curso escolar 2005-06. Senón dispón da folla de reserva, solicítea por correo electrónico.
PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
Desenvolvemos unha adaptación do noso proxecto de animación á lectura, co fin de desenvolvelo no contorno da biblioteca escolar. Respecto ao proxecto orixinal, os cambios son os seguintes:
As actividades seguirán o deseño do noso proxecto de animación á lectura, agás a visita do autor, que non se realizará.
O centro escollerá se desexa facer 6 ou 8 sesións para cada aula seleccionada. Estas sesións realizaranse de dúas en dúas.
Esta actividade poderá realizarse tanto en horario escolar como extraescolar.
Actividade dispoñíbel para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Poden escollerse varias aulas por centro.
As datas desta actividade poderán ser ao longo do mes de maio, de mutuo acordo.
O conto/libro que creen as aulas participantes ficará na biblioteca do centro. En Altega faremos a súa dixitalización para que sexa accesible desde Internet para toda a comunidade.
|