|
Actividades gratuítas: os Maios. |
|
|
|
Esta actividade forma parte da oferta de actividades gratuítas para o curso escolar 2006-07. Senón dispón da folla de reserva, solicítea por correo electrónico.
PROGRAMA DOS MAIOS
Cremos interesante apoiar desde Altega - Xestión do Lecer, a participación dos centros escolares nesta festa tradicional da nosa cidade. Por unha banda contribuímos ao revitalizamento desta celebración. Por outra, os participantes afondarán nunha serie de valores culturais, etnográficos e medioambientais que cremos moi interesantes.
Condicións especiais:
Só poderán participar escolares de Secundaria.
Dada a necesidade de facer unha estructura en madeira para o maio, o custe de material será abonado polo centro ou a ANPA contratante. Nun principio, o maio será de tipo tradicional (piramidal).
Para a realización do maio será precisa unha saída ao monte, para a busca do material.
Poderán participar as familias e os docentes que o desexen.
O maio será inscrito no concurso que convoque a Concellalía de Cultura do Concello de Ourense.
O diñeiro ingresado pola venta de coplas (se non se queren regalar) e/ou os premios do concurso irán destinados ao centro e/ou a Asociación de Nais e Pais.
As datas serán os días previos á festa dos maios. O venres á tarde destinarase á saída ao monte, o sábado á elboración do maio e o domingo á súa exposición no lugar da festa da cidade, tras un percorrido polo barrio onde estea ubicado o centro.
|