Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Servizos educativos arrow Excursións e viaxes
Actividades gratuítas: os Maios. Imprimir Correo-e

Esta actividade forma parte da oferta de actividades gratuítas para o curso escolar 2006-07. Senón dispón da folla de reserva, solicítea por correo electrónico.

PROGRAMA DOS MAIOS

Cremos interesante apoiar desde Altega - Xestión do Lecer, a participación dos centros escolares nesta festa tradicional da nosa cidade. Por unha banda contribuímos ao revitalizamento desta celebración. Por outra, os participantes afondarán nunha serie de valores culturais, etnográficos e medioambientais que cremos moi interesantes.

Condicións especiais:

  • Só poderán participar escolares de Secundaria.

  • Dada a necesidade de facer unha estructura en madeira para o maio, o custe de material será abonado polo centro ou a ANPA contratante. Nun principio, o maio será de tipo tradicional (piramidal).

  • Para a realización do maio será precisa unha saída ao monte, para a busca do material.

  • Poderán participar as familias e os docentes que o desexen.

  • O maio será inscrito no concurso que convoque a Concellalía de Cultura do Concello de Ourense.

  • O diñeiro ingresado pola venta de coplas (se non se queren regalar) e/ou os premios do concurso irán destinados ao centro e/ou a Asociación de Nais e Pais.

  • As datas serán os días previos á festa dos maios. O venres á tarde destinarase á saída ao monte, o sábado á elboración do maio e o domingo á súa exposición no lugar da festa da cidade, tras un percorrido polo barrio onde estea ubicado o centro.

 
< Ant.   Seg. >