Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Formación arrow Descampamento arrow Materiais para a auto-formación.
Materiais para a auto-formación. Imprimir Correo-e

Materiais de tempo libre para a auto-formación

Introdución.

Presentámosvos unha mostra do xeito que temos de traballar en Altega - Xestión do Lecer e, por extensión, na Escola de Tempo Libre Animacción. Nas nosas actividades xeramos unha chea de documentos e materiais que, moitas veces, poden ser útiles para outras persoas. En concreto, como formación para profesionais de tempo libre ou, simplemente, como posíbeis recursos dos que dispor para a consulta. Por iso nace esta sección de materiais "libres" e gratuítos, para que poidas descargar e empregar nos teus traballos (consulta antes a licenza de uso de cada un, por se houbera algún tipo de restricción).

Moitos dos materiais que xeramos no día a día xa teñen formato dixital, polo que o feito de poñelos nesta web a disposición de todo o mundo significa pouco traballo engadido. Outras veces, faise preciso un traballo adicional de dixitalización que pode facer que algúns materiais, a pesares de seren moi interesantes, coste máis tempo facérvolos chegar. Pouco a pouco esta sección irase ampliando. Tamén, a medida que aumente o número de materiais modificaremos a súa estructura para mellorar a súa clasificación.

Licenzas de uso.

A propiedade intelectual dos materiais que aquí presentamos é sempre do seu autor. Porén, nesta sección non atoparás recursos cun "Copyright" ou "Reservados todos os dereito" tradicional. Entendemos un pouco absurdo poñer documentos e materiais á libre disposición dos internautas e, logo, prohibir o seu uso.

En xeral, empregamos unha licencia do tipo "Creative Commons". Permite o uso dos materiais, ás veces a súa modificación, pero non o seu uso comercial sen solicitares previamente o noso consentimento. Se tes algunha dúbida sobre o alcance desta licenza, consúltanos.

Índice de materiais.

 
< Ant.