| Materiais para a auto-formación. |
|
|
Materiais de tempo libre para a auto-formaciónIntrodución.Presentámosvos unha mostra do xeito que temos de traballar en Altega - Xestión do Lecer e, por extensión, na Escola de Tempo Libre Animacción. Nas nosas actividades xeramos unha chea de documentos e materiais que, moitas veces, poden ser útiles para outras persoas. En concreto, como formación para profesionais de tempo libre ou, simplemente, como posíbeis recursos dos que dispor para a consulta. Por iso nace esta sección de materiais "libres" e gratuítos, para que poidas descargar e empregar nos teus traballos (consulta antes a licenza de uso de cada un, por se houbera algún tipo de restricción). Moitos dos materiais que xeramos no día a día xa teñen formato dixital, polo que o feito de poñelos nesta web a disposición de todo o mundo significa pouco traballo engadido. Outras veces, faise preciso un traballo adicional de dixitalización que pode facer que algúns materiais, a pesares de seren moi interesantes, coste máis tempo facérvolos chegar. Pouco a pouco esta sección irase ampliando. Tamén, a medida que aumente o número de materiais modificaremos a súa estructura para mellorar a súa clasificación. Licenzas de uso.A propiedade intelectual dos materiais que aquí presentamos é sempre do seu autor. Porén, nesta sección non atoparás recursos cun "Copyright" ou "Reservados todos os dereito" tradicional. Entendemos un pouco absurdo poñer documentos e materiais á libre disposición dos internautas e, logo, prohibir o seu uso. En xeral, empregamos unha licencia do tipo "Creative Commons". Permite o uso dos materiais, ás veces a súa modificación, pero non o seu uso comercial sen solicitares previamente o noso consentimento. Se tes algunha dúbida sobre o alcance desta licenza, consúltanos. Índice de materiais.
|
| < Ant. |
|---|


