Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Formación arrow Descampamento arrow Manual de Globoflexia
Manual de Globoflexia Imprimir Correo-e

Este manual de globoflexia que aquí presentamos é o resultado dos encontros de monitores de Altega – Xestión do Lecer. Trátase dun programa de formación continua e de troco de experiencias que organizamos co persoal máis veterano co que contamos. Nalgún destes encontros creamos materiais que pensamos poden ser de interese para outros monitores e/ou educadores.

Polo momento imos ir facilitando diversas figuras de globoflexia en documentos individuais. Todos estes documentos están en formato "pdf". Se o teu ancho de banda non é moi grande recomendámoste que descargues os documentos no teu disco duro para miralos con calma. A licenza de uso destes documentos é do tipo "Creative Commons". Podes consultala polo miúdo no apartado da nosa web referido a Propiedade Intelectual. Podes considerar que estes documentos son páxinas e capítulos dun futuro completo manual de globoflexia que iremos creando ao longo dos vindeiros meses. Agradecémoste que nos fagas chegar calquera idea, suxestión, petición e/ou corrección que estimes interesante.

Unha dificultade obxectiva para iniciarse na globoflexia pode ser o acceso ao material. Quizais atopes os globos e inchadores no “Todo a Cen” da esquina, ou no centro comercial próximo á túa casa. O problema será a súa calidade, non sempre óptima. Por iso estamos a considerar a posibilidade de que poidas mercar directamente o material que precises ao través desta web. Manterémoste informado.

Estes son os diferentes apartados que podes descargar do noso "Manual de Globoflexia". Indicamos entre parénteses o tamaño da descarga, para que te fagas unha idea do que pode tardar. Todos os arquivos están en formato "pdf". Se non hai ligazón é que aínda non está dispoñíbel a súa descarga. Consulta esta páxina de novo nuns días.

  • Introdución: texto preliminar onde falamos da globoflexia e os seus usos. Tamén describimos os materiais que precisamos, as figuras que se poden realizar...

  • Movementos básicos: primeiras instrucións sobre formas de inchar os globos e algúns dos xiros. Esta parte servirá de referencia para o resto das figuras.

  • Figuras básicas:

  • Figuras medias:

    • O canciño.

    • A cadelo de augas.

    • O tigre.

    • A xirafa: 510 KB, 3 páxinas.

    • A palmeira: 527 KB, 3 páxinas.

    • O mono.

 
Seg. >