Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Servizos educativos arrow Animación á lectura
Os Lingoretas Imprimir Correo-e

INTRODUCIÓN

A actividade dos Lingoretas foi estreada con motivo do Día das Letras Galegas, o 17 de maio de 2006, no marco privilexiado da praza do Toural de Compostela. Se ben a choiva intermitente restou algo de participación, os resultados finais foron altamente gratificantes tanto na execución como na participación de nenos e nenas.

Con este motivo acompañamos a actividade da edición dun caderniño que os participantes empregaron como soporte para os xogos e probas. Ao remataren entregaban este caderniño cos seus datos personais para o sorteo de varios lotes de libros ao final da tarde. Podes consultar o listado de premiados.

Os Lingoretas - Compostela 2006

Os Lingoretas é unha proposta que combina a animación lingüística coa animación lectora. Segundo a idade dos asistentes, gozarán de diferentes actividades. Creamos espazos diferenciados por medio de casetos abertos e pancartas verticais, como se pode ollar nas fotos. A base común das actividades será a lingua, a lectura e o vocabulario. Xogos e dinámicas activas o­nde os participantes gozarán e aprenderán á vez.


DESCRICIÓN

As actividades admiten adaptación a algunha temática concreta. Por exemplo, na presentación dos Lingoretas, no Día das Letras de 2006, aproveitouse a figura do homenaxeado (Lugrís Freire) en varias actividades. Incluso como protagonista nalgúns dos xogos de maxia.

ATA 6 ANOS

Os Lingoretas - Compostela 2006

Lugar para contar contos e xogar coas letras. Haberá pases cada media hora, cunha duración de 20 minutos. Os xogos con letras e vocabulario serán con elementos de gran tamaño. Breves contos con monicreques e xogos de descubrir personaxes literarios.


DE 7 A 10 ANOS

Os Lingoretas - Compostela 2006

Empregaremos técnicas Rodari e Sarto para realizar todo tipo de actividades. Creación de historias, xogos con vocabulario, binomio fantástico... Xogos de inventar palabras e os seus significados.


DE 11 A 14 ANOS

Os Lingoretas - Compostela 2006

Xogo de probas ao redor dun gran taboleiro con todo tipo de personaxes do mundo infantil da literatura e da banda deseñada. As probas e xogos aproveitarán o contorno da praza o­nde estea o taboleiro.


A MAXIA DA LECTURA

Os Lingoretas - Compostela 2006

Obradoiro de maxia: pases de 15 minutos de duración cada media hora. Haberá xogos de prestidixitación, maxia de preto, cartomaxia... o­nde aparecerán personaxes literarias, palabras e contos. O mundo dos libros, o mundo da ilusión a cargo de ilusionistas.


 
< Ant.   Seg. >