| Hotel Auriense: Animación Infantil. |
|
|
INTRODUCIÓNPresentámoslle as características específicas do noso servicio de Animación Infantil, personalizado para o Hotel Auriense, e posto en práctica desde o ano 1999. Contamos cos mellores profesionais de animación sociocultural. Formado a través da nosa propia Escola de Tempo Libre Animacción e ao través do noso programa de formación continua "laboratorio de animación". Garantimos a mellor diversión e ofrecemos unha atención personalizada. Buscamos a maior participación e integración de todos os rapaces. DESCRICIÓNA animación que desenvolvemos adáptase de continuo aos desexos dos participantes. Aínda que partimos dun esquema xeral de traballo, a cotío varíase segundo a resposta dos nenos/as. Así, algúns só queren xogar ao fútbol, mentres que outros prefiren facer aqueles xogos que os nosos profesionais lles van suxerindo. Algúns ingredientes da nosa animación:
Globoflexia. Xogos alternativos. Xogos populares. Mega-twister. Maquillaxe. Paracaídas. Cancións e danzas de animación. ...
O servizo de animación que o Hotel Auriense lle ofrece ten o seguinte esquema:
Os nenos son levados ao espazo axeitado para desenvolver un completo programa de xogos e diversión, en compaña dos nenos e nenas das outras comuñóns. A proporción de animadores é de 1 por cada 10 participantes aproximadamente. Tras unhas dúas horas e media ou tres horas aprox. rematan os nosos servizos, sendo levados os nenos/as de novo ao comedor xunto cos seus pais. CUSTEO custe de mercado deste servizo de animación ascende a un total de 160,00 EUR. Porén, vostede non debe preocuparse pois este servizo é ofertado de xeito gratuíto polo Hotel Auriense, que corre con todos os gastos. OBSERVACIÓNSDentro da flexibilidade e a adaptabilidade das nosas actividades, compre facer varias precisións para evitar malos entendidos. Non é unha gardería: non gardamos nin coidamos nenos, ofrecémoslles un servizo continuado de xogos e diversión, cunha oferta variada de actividades. Non podemos atender aos nenos moi pequenos que precisen da atención permanente dun adulto, xa que nos obrigaría a prescindir dun animador e desatender a outos nenos.
Os nenos poden participar nas nosas propostas, poden propoñer os seus propios xogos... pero non poden facer todo o que eles queiran. Por motivos de SEGURIDADE non poden ir á piscina, nin poden circular libremente polas instalacións do Hotel Auriense, nin poden estar demasiadas horas xogando ao fútbol ao sol nas pistas deportivas, nin... en definitiva, os nosos animadores son profesionais da animación que antepoñen a seguridade das actividades a calquera outra cuestión. É recomendábel que os máis pequenos sigan as súas indicacións pois coñecer á perfección as instalacións e as actividades máis interesantes para realizar. |





