Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Servizos educativos arrow Animación á lectura
Os Lingoretas: estrea. Imprimir Correo-e

A IDEA

Os Lingoretas supón un achegamento novidoso e diferente ás actividades de animación lingüística e lectora. Coa nosa experiencia no desenvolvemento de programas de Animación á Lectura, na realización de xogos con libros, contacontos... encaramos o reto de elaborar un deseño axeitado para unha celebración festiva, que tivera unha ampla capacidade de participación e con actividades para todos os públicos.

Nace así Os Lingoretas, onde desde os 3 anos ata os 99, todo o mundo conta con actividades. Así, o mago Gusi deleitaba aos maiores con xogos máxicos onde Lugrís Freire (personaxe homenaxeada polas letras galegas de 2006) tiña o seu protagonismo. Os máis pequenos poden participar en diferentes xogos de letras, de vocabulario, creación de historias (con técnicas Rodari e Sarto), gran xogo de probas...

O RESULTADO

A estrea desta actividade fíxose o 17 de maio de 2006 na praza do Toural, en Santiago de Compostela (A Coruña), contratados pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural (ligazón externa) no marco da "Festa da Lingua". A participación foi moi boa, tendo en conta a choiva intermitente que caeu ao longo de toda a tarde. Ademais, apreciouse entre os participantes un número similar dos que pasaban por alí e dos que foran coa intención de participar nas actividades. Nalgún dos espazos chegaron a xuntarse, nalgún pase, unhas 50 persoas. Os xogos e actividades propostos complementaban moi ben á pequena feira de libros que instalaran os libreiros de Santiago.

En definitiva, ao longo de toda a tarde varios centos de pequenos e maiores que asistiron ás actividades. Precisamente, debido ao alto índice de participación dos nenos/as nos xogos decidimos dividir cada lote de libros en dous, para sortear así dous paquetes de libros para cada tramo de idade. Á hora de facer o sorteo dos lotes de libros, o resultado foi o seguinte:

Os Lingoretas - Compostela 2006. Sorteo de lotes de libros.

Categoría de 3 a 6 anos:

          • Carlota Amor, de Santiago de Compostela. Envióuselle por mensaxería, xa que estaba ausente.

Categoría de 7 a 10 anos:

    • Juan Manuel, de Santiago de Compostela. Envióuselle por mensaxería, xa que estaba ausente.

    • Adrián Ferrón, de Ribeira. Envióuselle por mensaxería, xa que estaba ausente.

Categoría de 11 a 14 anos:

    • Alexandre Louzao, de Santiago de Compostela. Presente no sorteo onde se lle entregou o lote de libros.

    • Kalinda de Ferrol. Envióuselle por mensaxería, xa que estaba ausente.

Os Lingoretas - Compostela 2006 Os Lingoretas - Compostela 2006
 
Seg. >