Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Servizos educativos arrow Excursións e viaxes
O meu cole abre no... verán 2007 Imprimir Correo-e

INTRODUCIÓN

A oferta de actividades extraescolares avanza ano tras ano nos centros de ensino. Con todo, sempre atopamos algún escolar que non atopa ningunha do seu agrado. Ou ben, a actual oferta non cobre por completo as auténticas necesidades de nenos e nenas.

O meu cole abre na Semana Santa 2006... no CEIP As Mercedes.

A maior parte das actividades céntranse nos aspectos formativos complementarios, na práctica de habilidades e no descubrimento de novas actitudes. Porén, esquecemos as relacións interpersoais e a diversión, imprescindíbeis na maduración da persoa.

DESCRICIÓN

A nosa proposta vai máis alá dun obradoiro de manualidades ou unha actividade para realizar un traballo concreto. Ofertamos a creación dun espazo onde os escolares poden relacionarse entre eles ao través do xogo. Contarán cunha ampla variedade de actividades: xogos colectivos, xogos de mesa, xogos tradicionais, xogo libre, asembleas, animación lectora, pequenos obradoiros, festas e grandes xogos...

O meu cole abre na Semana Santa 2006... no CPR Divina Pastora.

No noso programa “O meu cole abre no... verán” os participantes contarán cun espazo onde afondar nas relacións de amizade cos seus compañeiros de clase, pero tamén para relacionarse con nenos/as doutras idades. Descubirán os valores do xogo, aprendendo a xogar como unha ferramente imprescindíbel para o seu futuro medre como persoas.


DATOS TÉCNICOS

Denominación: O meu cole abre no... verán.

Espazo: patios do colexio e aula grande carente doutro uso (preferentemente), dotada con mesas e cadeiras. Posibilidade de usar a biblioteca escolar de xeito puntual.

Persoal: un mínimo de dous monitores de actividades de tempo libre. Incrementaranse se o número de participantes o require, nunha ratio 1/10.

Horario: a convir coa entidade contratante, en función das necesidades a cubrir, a dispoñibilidade de locais, do orzamento... Pode ser en horario só de mañá, só de tarde, ou de mañá e tarde cunha estrutura semellante a dun campamento urbano.

Datas: de luns a venres, durante os meses de xuño, xullo, agosto...

Capacidade: en función dos locais dispoñíbeis. Sempre contaremos cun mínimo de 25 participantes.

TARIFAS

O meu cole abre na Semana Santa 2006... no CEIP As Mercedes.

As tarifas a cobrar dependerán de varios aspectos:

  • Número de semanas e de prazas que se oferten.

  • Cobro individualizado a cada participante (mediante domiciliación bancaria) ou nunha factura única a nome da ANPA, centro de ensino ou concello, segundo proceda.

  • Inclusión dos gastos de limpeza e apertura dos locais ou non.

En todo caso, non dubiden en solicitarnos as súas tarifas personalizadas, unha vez estudiada a súa realidade particular.

 
< Ant.   Seg. >