Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Servizos educativos arrow Especial Fin de Curso 2007
Especial Fin de Curso 2007 Imprimir Correo-e

INTRODUCIÓN

En Altega – Xestión do Lecer levamos case 10 anos realizando todo tipo de actividades e proxectos de animación infantil e educativa. O que vos presentamos aquí é unha escolma de varias actividades puntuais, ideais para celebracións festivas, especialmente para o fin de curso 2005-06.

Combinamos o espectáculo máis novidoso coas actividades de participación activa. Nesta web poderá consultar fotos e máis detalles destas actividades. No caso de que teña algunha dúbida sobre a que sexa máis idónea para o seu centro de ensino, concello ou entidade, consúltenos sen compromiso. Para realizar unha correcta escolla haberá que ter en conta o número de participantes, a súa idade, os espazos dispoñíbeis, a existencia doutras actividades alternativas, a presenza de pais/nais ou docentes...

ACTIVIDADES

Estas son algunhas das que temos seleccionado especialmente para este fin de curso. Pódense programar moitas outras que podes consultar neste portal.

  • Espectáculo de maxia: contamos con Gusi, o mago sen sombreiro e Pepe Rivera .

  • Anima-clón: (novidade ano 2006) espectáculo de animación, xogos e cancións dirixido por 2 animadores caracterizados de pallasos. Sen apenas pausa para descansar, os animadores irán propondo todo tipo de cancións e danzas de animación que os participantes deberán seguir. Trátase dun espectáculo familiar e participativo, onde pequenos e maiores botarán unhas risas acompañando aos animadores nas actividades. Idade: todas. Duración: entre 1 hora e 1 hora e media. Acompáñase de equipo de son.

  • “O Farfán”: gran xogo de competición sen contacto entre dous, tres ou catro grandes grupos. Os escolares poden participar segundo a súa distribución por aulas. Un animador-presentador do gran xogo irá propondo diversas probas de equipo, onde primará a diversión dos participantes. Nun gran marcador, anotará os puntos de cada grupo, tanto positivos como negativos. O xogo ten un ritmo intenso imposto polo animador, que fará que os participantes estean en tensión e atentos en todo momento. Duración: unha hora e media. Idades: a partires de primaria.

  • Conto-motor: “Aventura na Selva”. Ao fío dun conto, nenos e nenas irán facendo diversos xogos, cancións e actividades. Participarán nunha expedición imaxinaria á selva, tendo que superar as probas que lles propoñan os/as animadores/as. Faremos a actividade nunha sala ampla pechada. Esta ambiéntase lixeiramente con tecidos, globos e música ambiente... ademais do material preciso para os xogos. Para a caracterización dos participantes empregaremos maquillaxe e panos. Dirixido por 3 animadores, pode ser precisa a colaboración de mestres/as se o grupo e moi numeroso. Idade: infantil. Duración: hora e media aprox.

  • Parque de xogos: con cinco monitores e material variado tanto de xogos alternativos como populares. Os monitores distribúense polo espazo das actividades. Cada un deles dirixirá un xogo. Os participantes irán participando en todos co seu grupo-aula. Cada aula levará un cartelón onde irán apuntando os xogos realizados e, deste xeito, chegar ao final. Favorecemos os xogos participativos e cooperativos, pero tamén haberá os que estimulen a san competencia. Entre outros contarán co balón xigante, o paracaídas, o mega-twister, o turra-soga, os aros-guía, a rá... Pódese adaptar a calquera cantidade de participantes, aumentando o número de monitores. Duración: entre hora e media e 2 horas. Idades: todas.

TARIFAS

Dependerán do número de actividades contratadas, do lugar da actividade, de se é necesario realizar algunha adaptación ao seu local...

A duración de cada actividade é aproximada. Algunha poden adaptarse a un horario diferente.

Estas actividades contan cun 20% de desconto nos centros de ensino que teñen contratado o noso programa integral de actividades extraescolares .

 
< Ant.   Seg. >