Menu Content/Inhalt
O Mago Gusi Imprimir Correo-e

Introdución

Spiral, a última producción do Mago Gusi é a historia dun mago, o Mago Gusi, dende as primeiras ilusións máxicas ata a máis moderna maxia de preto coa última tecnoloxía de proxección de video.

Trátase dun espectáculo para toda a familia no que os espectadores serán partícipes de todo canto sucede en escena convertíndose, por momentos, en protagonistas das ilusións.

Maxia histórica, cartomaxia, maxia cómica, ... un divertido percorrido polas diversas facetas da maxia no que o público non deixa de sorprenderse e de disfrutar co que sucede, inexplicablemente, diante dos seus ollos.

O símbolo da espiral, ben coñecido dos galegos por medio dos petroglifos e as mais antigas inscripcións pétreas marca o camiño fantástico que percorreremos durante 60 minutos máxicos.

Descrición

O Mago Gusi, membro fundador do Círculo Máxico Auriense presenta en Galicia o seu cuarto espectáculo logo de éxitos como "O mago sen sombreiro", "Operación Truco" e "Nadanamanga"

Autodidacta, creativo, sempre innovador e cun fino humor galego, presenta espectáculos para toda a familia nos que a participación do público é unha constante.

Este espectáculo conta con números clásicos de escena, maxia cómica, algo de mentalismo, escapismo, cartomaxia... Ilusións clásicas e de producción propia. Todo adobiado cun sentido do humor válido tanto para cativos como para adultos.

Membro fundador do Circulo Máxico Auriense e un dos seus membros máis activos, continuamente está a introducir novos números nos seus espectáculos. A última novidade, un número de escapismo que abraia e divirte por igual aos espectadores.

Datos Técnicos

Necesidades

  • Público: É un espectáculo familiar para todas as edades.  O espectáculo preséntase en galego e en linguaxe adecuada para pequenos e adultos.
  • Duración: 60 a 80 minutos en función da composición do público.
  • Espacio necesario: Tarima de 6 x 3 metros.
    O espectáculo pódese adaptar ó espazo do que se dispoña.
  • Conexión eléctrica: 1 toma de 220 Voltios e 3000 Watios cerca do escenario
  • Sonido: Non é necesario ( O mago leva o seu propio sistema de sonido)
  • Iluminación: Se hai luz de teatro pódese usar, en caso contrario o mago leva o seu propio sistema de iluminación.
  • Montaxe: 90 minutos antes da actuación.
  • Desmontaxe: 30 minutos despois da actuación.

Descargar de internet o dossier completo »


Galería de fotos

Dominó. Actuación no proxecto Os Lingoretas. Actuación no proxecto Os Lingoretas. Pano que muda a cor. O corte da corda.

O corte da corda. O nó imposíbel. O globo quen non estoupa. A corda máxica. Mentalismo.

Contacto

 
< Ant.   Seg. >