Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Servizos educativos arrow Divulgación científica arrow Ciencia didáctica: o noso proxecto
Ciencia didáctica: o noso proxecto Imprimir Correo-e

INTRODUCIÓN

O fomento do tan manido I + D + i (investigación, desenvolvemento e innovación) é unha teima na nosa sociedade nos últimos anos. En contraposición a isto, sen embargo, os estudios de ciencias “puras” atopan ultimamente serias dificultades para atraer aos estudiantes universitarios. Non deixa de ser singular este fenómeno nunha sociedade cada vez máis tecnoloxizada onde, se ben non é imprescindíbel, o coñecemento dos principios básicos da ciencia son fundamentais para entender o que nos rodea. Por non mencionar a necesidade de fomentar un espíritu crítico e escéptico na sociedade.

Cremos que son varias son as razóns de este baixo interese actual pola ciencia, aínda que o seu estudio excede as pretensións desta proposta. As solucións tamén serán complexas, dependendo do prazo que nos marquemos e dos recursos cos que poidamos contar para executalas.

Unha das carencias que apreviamos nos últimos anos e, que podemos solventar, é a falta dunha oferta estábel de actividades científicas de alto nivel dispoñíbeis para a súa contratación en calquera momento do ano. Deste xeito, no voso centro de ensino ou institución poderedes realizar unha programación con tempo do que máis vos interese, sen ter que agardar a que, nalgún momento do ano, recibades algunha oferta puntutal de actividades que, aínda que resulten gratuítas, ao mellor non se acomodan de xeito preciso ás vosas necesidades.

Xorde así en Altega – Xestión do Lecer a nosa sección de actividades científicas. Aparecida no curso pasado para conmemorar o “Ano Mundial da Física 2005”, amplíase este curso con novas actividades co fin de ampliar contidos e destinatarios. A nosa teima: contribuír a divulgación científica de base en todo o páis. Aquí vos presentamos estas actividades. Algunhas xa están dispoñíbeis para a súa contratación. Outras están en preparación ou son só un simple proxecto. Podedes enviarvos as vosas suxerencias e propostas de actividades co fin de que poidamos programar outras máis ao voso gusto. Ademais, estamos a presentar varios proxectos de actividades científicas en diversas institucións públicas, co fin de acadar o seu patrocinio. No caso de haber novidades ao longo do curso seredes puntualmente informados.

OBXECTIVOS

  1. Conmemorar as efemérides ou eventos científicos mediante a programación de actividades relacionadas.

  2. Promover o coñecemento das ideas máis novidosas e revolucionarias da física do seculo XX.

  3. Divulgar o coñecemento científico como base fundamental para o futuro da I+D+I do noso país.

  4. Facer visíbeis os estudios científicos, no marco da actual oferta universitaria.

DESTINATARIOS

  • Institutos de Ensino Secundario e Centros Concertados.

  • Centros de Ensino Infantil e Primario, así como Centro Públicos Integrados.

  • Concellos, casas de cultura, ateneos, asociacións, semanas da ciencia, obras sociais... e en definitiva, todo espazo onde se faga programación cultural e se queira introducir actividades novidosas e chamativas.


Acceda a:

  • Actividades puntuais : charlas, astronomía...

  • Histórico de proxectos : algúns dos programas de actividades realizados nos últimos anos. 

  • Informe de prensa (en preparación): galería de recortes coas apariciós na prensa dalgunhas das nosas actividades. 

 
< Ant.   Seg. >