|
Ciencia didáctica: curriculum |
|
|
CURRICULUM HISTÓRICO DE PROXECTOS Como facemos para poder contar cunha oferta tan variada de actividades neste campo? En vez dun discurso moi bonito pero baleiro de contido, cremos que é mellor que poidas comprobar a nosa experiencia neste campo ata o de agora. De seguido podes ver un listado de proxectos desenvolvidos ata o día de hoxe, moitos deles con copias dos dossieres de prensa respectivos. Xulga ti mesmo. No campo da divulgación científica non temos reparo en dicir que non hai empresa galega que teña o noso curriculum. Algúns destes proxectos podemos dicir que son accións caducas. Porén, nalgúns podes atopar materiais interesantes e aínda aproveitábeis. Tamén serven de mostra da nosa capacidade técnica para abordar proxectos do máis complexo. Programa de astronomía didáctica nos campamentos de verán que se van desenvolver durante os meses de xullo e agosto de 2006, na “Alberguería Os Biocos da Vía Nova”. Actividades de planetario virtual, manexo de planisferios, visión planetaria e da Lúa por telescopio, observación de nebulosas e outros obxectos de ceo profundo, construción e manexo de reloxios solares, construción de reloxios de Sol xigantes. Actividades conmemorativas do Ano Internacional da Física declarado pola Unesco en 2005:
Charla-conferencia "Einstein 1905: ano 0". O soporte de trasparencias empregado pódese descargar libremente desde a nosa web. Posto informativo e divulgativo con motivo da Bienal da Real Sociedade Española de Física que se desenvolveu na facultade de Ciencias do Campus de Ourense. Programa de astronomía didáctica nos campamentos de verán desenvolvidos do albergue de "Os Biocos" durante o verán de 2005.
Envío de información de actividades a todos os centros educativos galegos. Sección na nosa web www.altega.com, específica con información para o seguimento da eclipse anular desde Galicia. Actividades a desenvolver e información de seguridade para a súa visión. Colocación de posto informativo na rúa durante os tres días anteriores, para o asesoramenteo da poboación sobre os mellores métodos de visión da eclipse. Acto de visión colectiva na Alameda de Ourense, coa asistencia de varios centos de persoas. Elaboración e difusión do libro "Eclipses de Sol: manual didáctico" (Dep. legal: Ou-164-2005), distribuído de xeito gratuíto ao través do noso portal www.altega.com. Concurso escolar entre todos os centros de ensino galegos con motivo da eclipse. Participación duns 30 centros de todos os niveis educativos.
Envío de información de actividades a todos os centros educativos galegos. Envío de notas de prensa informativas sobre o fenómeno, aos medios de comunicación social galegos. Sección específica na nosa web www.altega.com con información para o seguimento da eclipse parcial desde Galicia. Acto de visión colectiva na Alameda de Ourense, con información e medios para a contemplación segura da eclipse, directos e indirectos. Elaboración e difusión do libro “Eclipses de Sol: manual didáctico – 2ª edición”. Ampliación do libro anterior co dobre de páxinas e contidos. Tamén se realizou unha versión en castelán (depósitos legais: Ou-20-2006 e Ou-19-2006, respectivamente). Distribuído de xeito gratuíto ao través do noso portal www.altega.com.
Actividades de astronomía didáctica nas excursións escolares que visita a “Alberguería Os Biocos da Vía Nova”, durante o primeiro semestre de 2006. Planetario virtual, percorrido polo Sistema Solar, manexo de planisferios e visión por telescopio da Lúa, Saturno e Xúpiter. Actividades divulgativas con motivo do "Tránsito de Venus" de 2004. Tradución ao galego da documentación editada pola ESA (European Space Agency) e completo programa de actividades con conferencias, montaxe expositiva na rúa e acto de visión colectiva. Os paneis da exposición e os documentos traducidos están na nosa web a libre disposición do público en xeral. Acto de visión colectiva as rúas de Ourense, posto informativo e asesoramento, durante a eclipse parcial de Sol do día 11 de agosto de 1999 (eclipse total en países como Franza, Alemaña...).
|