|
Quen somos, de onde vimos, a onde imos... |
|
|
INTRODUCIÓNNovidade para o ano de 2007, Ano da Ciencia en España. Desde o big-bang ao día de hoxe e máis alá; a historia do universo, a formación de estrelas e planetas, a aparición da vida... Unha homenaxe a Carl Sagan seguindo a súa idea do "ano cósmico" (salvando as distancias, claro). O nivel da charla pódese adaptar a calquera público, afondando máis ou menos nos temas que vaian xurdindo. CONTIDOS Estes son algúns dos contidos que se van a explicar ao longo da actividade. No caso de que queiras que algúns destes ou outros similares sexan incluídos, non dubides en facérnolo saber á hora de cubrir o formulario. A duració: unha hora aproximadamente, puidendo acomodarse aos 50 minutos dunha clase. Podes contratar tamén o momento café . Presentación: o ano cósmico. Explicación da escala temporal que imos empregar. O inicio, que había no momento 0? Que pasou? Os primeiros tres minutos do universo. A formación de galaxias e sistemas planetarios. A evolución do Sistema Solar. A aparición da vida na Terra: como, por que... A evolución da vida: da auga á terra, do unicelular ao pluricelular, os dinosaurios, as grandes extincións... o Homo sapiens. O comezo da civilización. Cara onde imos: explosión do Sol, enfriamento galáctico, o Big Crunch. Hai vida noutros planetas? Conclusión. Últimos achádegos. Que non sabemos aínda? Podes ver as tarifas e facer xa a reserva .
|