Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Servizos educativos arrow Divulgación científica arrow Quen somos, de onde vimos, a onde imos...
Quen somos, de onde vimos, a onde imos... Imprimir Correo-e

INTRODUCIÓN

Novidade para o ano de 2007, Ano da Ciencia en España. Desde o big-bang ao día de hoxe e máis alá; a historia do universo, a formación de estrelas e planetas, a aparición da vida... Unha homenaxe a Carl Sagan seguindo a súa idea do "ano cósmico" (salvando as distancias, claro). O nivel da charla pódese adaptar a calquera público, afondando máis ou menos nos temas que vaian xurdindo.

CONTIDOS 

Estes son algúns dos contidos que se van a explicar ao longo da actividade. No caso de que queiras que algúns destes ou outros similares sexan incluídos, non dubides en facérnolo saber á hora de cubrir o formulario. A duració: unha hora aproximadamente, puidendo acomodarse aos 50 minutos dunha clase. Podes contratar tamén o momento café .

  • Presentación: o ano cósmico. Explicación da escala temporal que imos empregar.

  • O inicio, que había no momento 0? Que pasou?

  • Os primeiros tres minutos do universo.

  • A formación de galaxias e sistemas planetarios.

  • A evolución do Sistema Solar.

  • A aparición da vida na Terra: como, por que...

  • A evolución da vida: da auga á terra, do unicelular ao pluricelular, os dinosaurios, as grandes extincións... o Homo sapiens.

  • O comezo da civilización.

  • Cara onde imos: explosión do Sol, enfriamento galáctico, o Big Crunch.

  • Hai vida noutros planetas?

  • Conclusión. Últimos achádegos. Que non sabemos aínda?

Podes ver as tarifas e facer xa a reserva .
 
< Ant.   Seg. >