Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Servizos educativos arrow hidroXEN arrow hidroXEN: boletín didáctico de ciencia
hidroXEN: boletín didáctico de ciencia Imprimir Correo-e

Unha nova aposta pola divulgación científica entre a comunidade escolar. Esta iniciativa xurde da colaboración entre Altega - Xestión do Lecer e a Asociación Animacción , que ten entre os seus obxectivos a divulgación científica. Este boletín enviarase de xeito completamente gratuíto, como actividade promocional da sección de Ciencia Didáctica de Altega. Co tempo, de atopar patrocinadores, non desbotamos a idea de facérvolo chegar en versión impresa. Agora, o que podedes facer é suscribirvos enchendo o noso formulario de reserva . Cantas máis reservas teñamos, maior será a periodicidade do boletín.

A mediados do mes de marzo sairá o número 0, coincidindo cunha efeméride moi especial. Como adianto, podes consultar un artigo preliminar adicado ao eclipse total de lúa (entre o 3 e o 4 de marzo de 2007). A súa periodicidade será mensual ou, se alcanzamos un suficiente número de suscritores, semanal. Os seus contidos:

  • Novas de actualidade: variedade de novas sobre física, astronomía, química, bioloxía, matemáticas... cunha linguaxe axeitada aos escolares, de xeito que se poida aproveitar a información na aula.
  • Artigo de alcance: máis polo miúdo, información sobre algún aspecto curioso da ciencia, con actividades e preguntas.
  • Algo de humor.
  • Perfil: biografía dun científico, con anécdotas da súa vida e obra, co fin de achegar aos escolares as figuras dos nomes que aparecen nos libros de texto.
  • Mirando ao ceo: reseña de astronomía, sondas espaciais, últimos descubrimentos en cosmoloxía, constelacións e mitos...
  • A/s pregunta/s da semana: onde daremos resposta a esas curiosidades incómodas que se fan na aula. Aberta á colaboración dos suscritores.
  • Unha enquisa para os docentes, con sorteo de interesantes regalos. 

 Todo isto completamente de balde, todos os luns no teu correo electrónico ou a comezos de mes, dependendo do tipo de edición que fagamos ao final. O boletín enviarase en formato "pdf" listo para a súa impresión, en formato A4. Ademais, poderá consultarse directamente "en liña" con ligazóns a outras webs onde ampliar os contidos ofrecidos.

 
< Ant.   Seg. >