| Ciencia didáctica: momento café. |
|
|
|
Que é o momento café? A experiencia nos di que despois das charlas sempre quedan moitas cousas que os asistentes queren comentar. Ás veces, como a charla é nun lugar moi grande e con moito público, non se atreven. Outras veces, remata o tempo e non dá tempo. O "momento café" permite prolongar algo máis a actividade, ata unha hora máis. Unha vez rematada a charla, preferiblemente nun contorno máis familiar (a aula ou a cafetería), un pequeno grupo de estudiantes (os que teñan nese momento clases de física, por exemplo) poderán afondar máis nos aspectos máis curiosos e que máis lles chamases a atención da exposición. Dúbidas concretas, pensamentos máis profundos, curiosidades relacionadas coa charla de forma colateral... O formato será moito máis informal, a modo de tertulia. Non garantimos ter resposta para todas as preguntas que se fagan, pero seguro que podemos axudar a buscar as respostas. Por certo, o café corre por conta da entidade contratante |
| < Ant. | Seg. > |
|---|



.