| Mago José Rivera |
|
|
IntroduciónTras ver a “luz máxica” nun espectáculo do gran Tamariz, foi introducido neste mundo na Escuela Mágica de Madrid. Xa en Ourense, hoxe é presidente do Círculo Máxico Auriense (afiliada á Sociedade Española de Ilusionismo). EspectáculosFume e espellosAxudado unhas veces polo seu compañeiro de escena (un tanto especial) Vernon, outras polo coelliño máxico ou polo furón peludo, desenvolverá xogos de maxia propios e outros inspirados na mellor tradición. Adivinación, mentalismo, xogos de mans, cartas, maxia de escena... con ecos a mestres como Tamariz ou Pepe Carrol. Todo adobiado cun sentido do humor válido tanto para cativos como para adultos. Xogos coloridos e maxia moi actual. En calquera momento unha labarada de lume ou un estoupido atrapará ao espectador no seu espectáculo ata o final, inesperado e abraiante, que pode ser un breve conto cheo de sorpresas para os máis cativos ou un efecto máxico. Extremaxicamente pretoO espectador sentado na mesa do mago pode tocar, ver e participar en todo momento dos diferentes xogos do mago nos que empregará unicamente as súas mans no manexo de moedas e cartas. Os xogos de baralla do Mago José Rivera farán crear ao espectador que algo máxico está pasando. Figuras que aparecen e desaparecen cartas que son acertadas, movementos imposibles e todo a unha cuarta de distancia do espectador. A participación do público moi próxima é importante. O espectador implícase persoalmente xa que o contacto co mago e máis directo. DATOS TÉCNICOSNecesidades
DuraciónUnha hora de actuación. Dependendo da colaboración do público pode prolongarse un chisco. No caso de maxia de preto, a duración será maior. Galería de fotosProximamente |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

