Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Cultura/Espectáculos arrow Espectáculos arrow A bruxiña sen vasoira.
A bruxiña sen vasoira. Imprimir Correo-e

INTRODUCIÓN 

Unha aposta pola tradición oral, baseados nos contos clásicos e dirixidos fundamentalmente a un público infantil.

DESCRICIÓN

A bruxiña sen vasoira é un personaxe que percorre os diferentes mundos. Tratando de recuperar os seus elementos de meiga, a vasoira e o sombreiro, ten que contar unha chea de contos en todos os lugares. Contos de onte e hoxe, onde nenos e maiores colaboran nas historias coas súas palabras e cancións. Autores como os Irmáns Grimm, Perrault, Andersen... e tamén contos populares galegos e de creación propia sairán da maleta desta viaxeira incansable que é a nosa pequena meiga. Se os nenos/as gozan das súas historias, a bruxiña poderá proseguir a súa andaina polo mundo adiante.

Este espectáculo é un contedor de historias, de xeito que dúas sesións do mesmo serán sempre diferentes. A cantidade de público asistente non debe ser moi numeroso, pois se perdería o encanto e o ambiente creado ao redor das historias.

 
< Ant.   Seg. >