Menu Content/Inhalt
Trebellos Imprimir Correo-e

INTRODUCIÓN 

Esta actividade mestura á perfección un conta-contos con xogos de animación e manualidades. Resulta ideal como actividade extra-escolar ou como complemento nun día de festa relacionado.

DESCRICIÓN 

A/s nosa/s contadora/s de contos, caracterizada a xeito para esta actividade, preséntalles aos pequenos/as unha historia. Sen embargo, este conto non é máis ca unha excusa para facelos participar a todos na narración. ¿Como? Pois elaborando o seu propio conto coas ilustracións de tódolos presentes. Encadérnase todo de xeito tradicional e xa temos editado o noso propio conto! Se é posible, o conto é entregado ao rematar á actividade na biblioteca ou centro de ensino local. Así os nenos verán como a súa obra é valorada e apreciada por todos ao engroxar os seus fondos bibliográficos.

 
< Ant.