| Parque de xogos |
|
|
INTRODUCIÓN PARQUE DE XOGOS ALTERNATIVOSActividade ideal para o goce de pequenos e adultos. O Parque de Xogos é flexible e versátil. Adáptase a calquera espazo aberto ou pechado. Sobre calquera superficie, mantendo unhas condicións de seguridade mínimas controladas polos nosos monitores. Os monitores distribúense polo espazo das actividades. Cada un deles dirixirá un ou dous xogos. Os participantes poderán ir dun xogo a outro con liberdade. Os xogos irán mudando segundo avanza a actividade, co fin de adaptarse ao número variable de participantes. Sempre hai xogos individuais e colectivos, estáticos e dinámicos... Favorecemos os xogos participativos e cooperativos sobre os meramente competitivos. Potenciamos o descubrimento do xogo popular como vehículo de participación interxeracional entre avós, pais e fillos. Os nosos parques de xogos configúranse dun xeito dinámico e activo. Os monitores animan en todo momento ós nenos e nenas a participar activamente e xogar sen distincións nin discriminacións de ningún tipo. Un dos monitores fará as veces de coordinador, atendendo a necesidades puntuais, levando e recollendo material, reforzando algún xogo con moita afluencia de participantes... Ademais, á parte das tarifas de referencia que se indican, os parques de xogos poden adaptarse a calquera realidade de espacio, participación, número de monitores e capacidade económica. ADRO POPULAR (parque de xogos tradicionais)Actividade que mestura a recuperación da cultura popular coa participación activa nos xogos que se propoñen. Esta actividade xira ao redor dun Parque de Xogos centrado nos xogos populares e tradicionais. Ademais, o espazo da actividade compleméntase cunha exposición a base de paneis, con algúns dos xogos máis representativos do país. Configuramos así un auténtico "museo" ou espacio expositivo vivo. Pequenos e maiores poden xogar, aprender, aportar os seus coñecemento e recordos... Altega vén de xestionar “O Palao”, Centro de Interpretación de Xogos Populares nos últimos anos. De aí a creación desta actividade de marcado cultural. Haberá un espazo para que os participantes poidan aportar os seus coñecementos, as súas versións dos xogos... |
| < Ant. |
|---|

