Menu Content/Inhalt
Aventura pirata Imprimir Correo-e

Un gran xogo que xorde desde a dinámica da aventura. Esta busca a maior implicación na actividade por parte dos participantes. Para acadalo, partimos dunha decoración axeitada, a caracterización de animadores e participantes e a narración dunha historia que envolve tódalas accións.

Os participantes son recibidos por dous tripulantes do “barco pirata”. Serán caracterizados de xeito conveniente: un pano na cabeza, unha cicatriz na faciana, un parche no ollo, unha espada feita cun globo... Unha vez preparados empeza a aventura. O capitán pirata irá propondo a superación de diferentes obstáculos, probas e xogos. A aventura pirata pode ter o seu marco nun programa de actividades lúdico, pero tamén en proxectos de animación lectora. Os nomes dos personaxes que aparecen, as accións... evocan a nomes clásicos da literatura infantil e xuvenil.

 
< Ant.   Seg. >