|
Destinado a escolares de ensino infantil. Ao fío dun conto, nenos e nenas irán facendo diversos xogos, cancións e actividades. Participarán nunha expedición imaxinaria dirixidos polos nosos/as monitores/as. Realizarán todo tipo de xogos, cancións, probas... Ata chegar ao final. Dispoñemos de varias temáticas deseñadas nos últimos anos. A mecánica desta actividade pode adaptarse a celebracións particulares. A sala ou o espazo ao aire libre é decorado lixeiramente con diferentes tecidos. Os participantes maquíllanse convenientemente para caracterizalos para a actividade. Contamos con: Aventura na Selva. Paseo polo Antroido. Aventura de Nadal.
|